{"id":13954,"date":"2020-12-23T12:50:03","date_gmt":"2020-12-23T12:50:03","guid":{"rendered":"https:\/\/normativamunicipal.com\/uncategorized\/salons-de-xogo-galicia\/"},"modified":"2020-12-23T12:50:03","modified_gmt":"2020-12-23T12:50:03","slug":"salons-de-xogo-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954","title":{"rendered":"Sal\u00f3ns de xogo GALICIA"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><strong>DECRETO 72\/2019, do 4 de xullo, polo que se aproban medidas en materia de planificaci\u00f3n de autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo e tendas de apostas na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><!--more-->[sc name=\u00bbSeguridad P\u00fablica\u00bb ]<br \/>\nO Estatuto de autonom\u00eda de Galicia, aprobado mediante a Lei org\u00e1nica 1\/1981, do 6 de abril, atrib\u00fae \u00e1 nosa Comunidade Aut\u00f3noma, no seu artigo 27.27, a competencia exclusiva en materia de casinos, xogos e apostas con exclusi\u00f3n das apostas mutuas deportivo-ben\u00e9ficas e, no exercicio da dita competencia, ditouse a Lei 14\/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.<br \/>\nO artigo 22.b) da dita Lei 14\/1985, do 23 de outubro, especifica que \u00e9 competencia do Consello da Xunta de Galicia a planificaci\u00f3n dos xogos e apostas na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia conforme as normas xerais do Estado.<br \/>\nDe conformidade co artigo 5.1 da Lei 20\/2013, do 9 de decembro, de garant\u00eda da unidade de mercado, as autoridades competentes que no exercicio das s\u00faas respectivas competencias establezan l\u00edmites ao acceso a unha actividade econ\u00f3mica ou ao seu exercicio de conformidade co previsto no artigo 17 da dita lei ou exixan o cumprimento de requisitos para o desenvolvemento dunha actividade motivar\u00e1n a s\u00faa necesidade na salvagarda dalgunha raz\u00f3n imperiosa de interese xeral de entre as comprendidas no artigo 3.11 da Lei 17\/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso \u00e1s actividades de servizos e o seu exercicio. As\u00ed mesmo, de acordo co artigo 5.2 daquela lei, calquera l\u00edmite ou requisito establecido conforme o punto anterior deber\u00e1 ser proporcionado \u00e1 raz\u00f3n imperiosa de interese xeral invocada e deber\u00e1 ser tal que non exista outro medio menos restritivo ou distorsionador para a actividade econ\u00f3mica.<br \/>\nEntre os conceptos definidos como raz\u00f3ns de interese xeral no artigo 3.11 da Lei 17\/2009, do 23 de novembro, est\u00e1n comprendidas a orde p\u00fablica, a sa\u00fade p\u00fablica, a protecci\u00f3n dos dereitos, a seguridade e a sa\u00fade das persoas consumidoras e das persoas destinatarias de servizos, as\u00ed como a loita contra a fraude. Alg\u00fans destes conceptos est\u00e1n tam\u00e9n recollidos no artigo 17 da Lei 20\/2013, do 9 de decembro, de garant\u00eda da unidade de mercado, entre os que poden xustificar a exixencia dunha autorizaci\u00f3n administrativa.<br \/>\nA actividade de xogo ten unhas caracter\u00edsticas intr\u00ednsecas que fan necesaria unha intervenci\u00f3n por parte da Administraci\u00f3n de cara ao establecemento de mecanismos que ofrezan seguridade \u00e1s persoas participantes nos xogos, garantan a protecci\u00f3n das persoas menores de idade e daquelas persoas que o precisen por motivos de sa\u00fade, e que permitan velar pola orde p\u00fablica e polo desenvolvemento regular dos xogos evitando a fraude. En definitiva, como admitiu o Tribunal de Xustiza da Uni\u00f3n Europea, as consecuencias prexudiciais que para as persoas consumidoras e para a sociedade no seu conxunto comporta a actividade do xogo xustifica a imposici\u00f3n de l\u00edmites e de exixencias co fin de controlar os riscos e de acadar os obxectivos fundamentais de prevenci\u00f3n da incitaci\u00f3n ao gasto excesivo en xogo e de loita contra a adicci\u00f3n ao xogo e contra a fraude.<br \/>\nA especial protecci\u00f3n da sa\u00fade e da seguridade das persoas consumidoras e usuarias dos xogos, a garant\u00eda da orde p\u00fablica e impedir a fraude na actividade do xogo son as\u00ed raz\u00f3ns imperiosas de interese xeral que xustifican o establecemento de limitaci\u00f3ns en materia de xogo, como as relativas \u00e1 imposici\u00f3n dun r\u00e9xime de autorizaci\u00f3n previa para a instalaci\u00f3n de establecementos de xogo, as\u00ed como a necesidade dunha planificaci\u00f3n que limite o n\u00famero destas autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n.<br \/>\nActualmente, na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia existen catro tipos de establecementos de xogo sometidos ao r\u00e9xime de autorizaci\u00f3n administrativa para a s\u00faa instalaci\u00f3n: os casinos, os bingos, os sal\u00f3ns de xogo e as tendas de apostas. No caso dos casinos de xogo, a propia Lei 14\/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, recolle unha planificaci\u00f3n no seu artigo 8. E, en relaci\u00f3n coas salas de bingo, \u00e9 no regulamento do xogo do bingo, aprobado polo Decreto 181\/2002, do 10 de maio, onde se recolle unha planificaci\u00f3n que limita a s\u00faa instalaci\u00f3n. En cambio, no que respecta aos sal\u00f3ns de xogo e \u00e1s tendas de apostas non se recolle unha planificaci\u00f3n nin na Lei 14\/1985, do 23 de outubro, nin nos correspondentes regulamentos, sen prexu\u00edzo de que estes \u00faltimos establezan determinadas limitaci\u00f3ns en materia de distancias a outros establecementos ou espazos de xogo e a centros oficiais que impartan ensino regrado a menores de idade.<br \/>\nCon motivo dos estudos e dos traballos preparatorios previos para a elaboraci\u00f3n dun anteproxecto de Lei reguladora dos xogos de Galicia, p\u00faxose de manifesto a necesidade de recoller no novo texto legal unha planificaci\u00f3n dos sal\u00f3ns de xogo e das tendas de apostas consistente no establecemento dunha limitaci\u00f3n do n\u00famero m\u00e1ximo destes establecementos no territorio da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<br \/>\nAs\u00ed, nos \u00faltimos anos detectouse un incremento considerable nas solicitudes de autorizaci\u00f3n de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo e de tendas de apostas, que pasaron de 54 sal\u00f3ns de xogo en 2013 a 97 sal\u00f3ns en 2018 e de 20 tendas de apostas existentes en 2013 a 41 en 2018, o que, unido \u00e1 preocupaci\u00f3n social existente e ao aumento dos problemas de adicci\u00f3n aos xogos practicados nestes establecementos, xustifica a necesidade de realizar unha planificaci\u00f3n que limite o n\u00famero deste tipo de establecementos de xogo na Comunidade Aut\u00f3noma fixando, logo de avaliar a oferta de xogo e as raz\u00f3ns de interese xeral implicadas, un n\u00famero m\u00e1ximo que permita conseguir os obxectivos invocados de protecci\u00f3n da sa\u00fade e da seguridade das persoas consumidoras e usuarias dos xogos, de garant\u00eda da orde p\u00fablica e de loita contra a fraude na actividade do xogo a trav\u00e9s dunha oferta cuantitativamente moderada.<br \/>\nAs ditas raz\u00f3ns imperiosas de interese xeral en que se basea a regulaci\u00f3n proxectada no anteproxecto de Lei reguladora dos xogos de Galicia, actualmente en tramitaci\u00f3n, est\u00e1n xa presentes na actualidade, o que motivou que o Consello da Xunta, no exercicio da competencia de planificaci\u00f3n reco\u00f1ecida ao Consello da Xunta no artigo 22.b) da vixente Lei 14\/1985, do 23 de outubro, adoptase o Acordo do 16 de maio de 2019, sobre planificaci\u00f3n das autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3ns de sal\u00f3ns de xogo e tendas de apostas na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, feito p\u00fablico pola Resoluci\u00f3n do 16 de maio de 2019, da Direcci\u00f3n Xeral de Emerxencias e Interior (Diario Oficial de Galicia n\u00famero 94, do 20 de maio de 2019).<br \/>\nNo dito acordo rec\u00f3llese unha planificaci\u00f3n transitoria e provisional co fin de atender sen demora a tales raz\u00f3ns de interese xeral e, asemade, evitar que a aplicaci\u00f3n da nova normativa legal na materia poida verse frustrada, tendo en conta a posible produci\u00f3n de acci\u00f3ns especulativas ao ser factible que, de non se adoptar ningunha medida planificadora nestes momentos, se produza un incremento excesivo da oferta de xogo que supo\u00f1a graves prexu\u00edzos para as raz\u00f3ns imperiosas de interese xeral sobre as cales descansa a intervenci\u00f3n administrativa en materia de xogo.<br \/>\nConforme o indicado no referido acordo, no momento en que a medida de planificaci\u00f3n provisional e transitoria prevista nel foi sometida ao preceptivo informe da Comisi\u00f3n de Xogo de Galicia atop\u00e1banse en tramitaci\u00f3n 21 novos expedientes de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, pendentes alg\u00fans da obtenci\u00f3n do permiso de apertura e outros da propia autorizaci\u00f3n de instalaci\u00f3n. Non constaba nese momento en tr\u00e1mite ningunha solicitude relativa \u00e1 instalaci\u00f3n de tendas de apostas.<br \/>\nCon posterioridade a que se fixese p\u00fablica a medida na reuni\u00f3n da Comisi\u00f3n de Xogo de Galicia present\u00e1ronse varias solicitudes, o que confirmou a necesidade antes apuntada de adoptar unha medida planificadora que evite acci\u00f3ns especulativas que supo\u00f1an graves prexu\u00edzos para as raz\u00f3ns imperiosas de interese xeral sobre as cales descansa a intervenci\u00f3n administrativa en materia de xogo.<br \/>\nAtendida, polo tanto, a oferta de xogo xa existente na Comunidade Aut\u00f3noma e as solicitudes que se atopaban en tramitaci\u00f3n cando a medida de planificaci\u00f3n provisional e transitoria recollida no acordo citado foi sometida \u00e1 Comisi\u00f3n do Xogo de Galicia e, finalmente, foi dada a co\u00f1ecer ao sector, considerando a situaci\u00f3n noutras comunidades aut\u00f3nomas onde se est\u00e1 producindo un enorme crecemento da actividade do xogo, e avaliados os riscos do xogo desde a perspectiva da protecci\u00f3n da sa\u00fade e da seguridade das persoas consumidoras e usuarias dos xogos, de garant\u00eda da orde p\u00fablica e de loita contra a fraude, consid\u00e9rase necesario realizar a aludida planificaci\u00f3n provisional e transitoria do n\u00famero de sal\u00f3ns de xogo e de tendas de apostas. En concreto, a limitaci\u00f3n que se estableceu no acordo do Consello da Xunta do 16 de maio de 2019 parte do n\u00famero de sal\u00f3ns de xogo e tendas de apostas existentes e do respecto \u00e1s solicitudes xa presentadas cando a medida de planificaci\u00f3n provisional e transitoria contida no acordo foi sometida a informe da Comisi\u00f3n de Xogo de Galicia e, finalmente, foi co\u00f1ecida polo sector. Fixouse o n\u00famero m\u00e1ximo destes establecementos nun n\u00famero equivalente, co que se garante unha oferta de xogo respectuosa coas raz\u00f3ns de interese xeral citadas e se consegue tam\u00e9n a finalidade antes indicada de impedir condutas especulativas, de que son exemplo as solicitudes presentadas tras o co\u00f1ecemento da medida polo sector a trav\u00e9s da Comisi\u00f3n de Xogo de Galicia, que tendan a menoscabar a regulaci\u00f3n futura e impedir a eficacia das decisi\u00f3ns de planificaci\u00f3n que queira adoptar finalmente o lexislador, con grave prexu\u00edzo das raz\u00f3ns de interese xeral en que se fundamentan tanto a presente medida de planificaci\u00f3n como as que se poidan prever na futura lei.<br \/>\nA dita planificaci\u00f3n ax\u00fastase as\u00ed aos principios de necesidade e tam\u00e9n de proporcionalidade. Neste sentido, as limitaci\u00f3ns derivadas da planificaci\u00f3n recollida no acordo, ademais de ser as necesarias para atender \u00e1s raz\u00f3ns de interese xeral en que se fundamentan, ter\u00e1n unha duraci\u00f3n temporalmente limitada ata a entrada en vigor da nova Lei reguladora dos xogos de Galicia e, en todo caso, ata o prazo m\u00e1ximo de nove meses desde a publicaci\u00f3n do acordo, isto \u00e9, o 20 de febreiro de 2020, de non terse producido con anterioridade a entrada en vigor da nova lei. Neste \u00faltimo caso, antes do vencemento do referido prazo de nove meses, o acordo prev\u00e9 a realizaci\u00f3n dunha avaliaci\u00f3n da oferta de xogo existente co fin de determinar a necesidade de adopci\u00f3n dun novo acordo.<br \/>\nO acordo do Consello da Xunta do 16 de maio de 2019 ordenou o inicio do procedemento de elaboraci\u00f3n dunha norma regulamentaria que adaptase a regulaci\u00f3n existente \u00e1 planificaci\u00f3n establecida nel.<br \/>\nO presente decreto efect\u00faa a indicada adaptaci\u00f3n e recolle as medidas necesarias para tal fin. As\u00ed, en primeiro lugar reprod\u00facese no decreto a planificaci\u00f3n prevista no acordo indicado. Xunto co anterior, prevese expresamente que se, unha vez acadado o n\u00famero m\u00e1ximo de autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n previstas no acordo, se producise con posterioridade a extinci\u00f3n dalgunha ou dalgunhas das autorizaci\u00f3ns existentes, aquel n\u00famero m\u00e1ximo decrecer\u00e1 na mesma proporci\u00f3n, isto \u00e9, nunha cantidade igual \u00e1 autorizaci\u00f3n ou autorizaci\u00f3ns extinguidas. Tr\u00e1tase as\u00ed de recoller unha regra que faga fronte a tal suposto, de car\u00e1cter excepcional, dun xeito acorde coas raz\u00f3ns antes apuntadas en que se basea o acordo (entre elas, a fixaci\u00f3n dun n\u00famero baseado, en esencia, no respecto aos establecementos existentes, e incrementado s\u00f3 por un n\u00famero equivalente ao de expedientes que se atopaban en tramitaci\u00f3n antes de que a medida de planificaci\u00f3n fose co\u00f1ecida polo sector, na maior parte dos cales, ademais, xa se outorgara a autorizaci\u00f3n de instalaci\u00f3n, e estaba pendente s\u00f3 a obtenci\u00f3n do permiso de apertura). Ao anterior \u00fanese que a dita regra ter\u00e1 o mesmo car\u00e1cter provisional e transitorio que a planificaci\u00f3n contida no acordo, de xeito que se cumpre a finalidade de lograr a maior eficacia das decisi\u00f3ns de planificaci\u00f3n que queira adoptar finalmente o lexislador. Ademais, debe terse en conta que, conforme o disposto no acordo, de non aprobarse a nova lei no prazo m\u00e1ximo de nove meses desde a s\u00faa publicaci\u00f3n, se efectuar\u00e1, antes do vencemento do dito prazo, unha nova avaliaci\u00f3n da oferta de xogo de cara \u00e1 adopci\u00f3n, de ser necesario, dun novo acordo.<br \/>\nComo consecuencia do anterior, prevese expresamente como causa de desestimaci\u00f3n das solicitudes de autorizaci\u00f3n de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo e de tendas de apostas a superaci\u00f3n do n\u00famero m\u00e1ximo fixado respecto de tales autorizaci\u00f3ns.<br \/>\nIncorp\u00f3rase, as\u00ed mesmo, unha disposici\u00f3n transitoria relativa \u00e1 aplicaci\u00f3n do r\u00e9xime previsto no decreto \u00e1s solicitudes que se atopen en tramitaci\u00f3n na data da s\u00faa entrada en vigor (sen prexu\u00edzo dos efectos derivados, de ser o caso, da estimaci\u00f3n por silencio administrativo), as cales deber\u00e1n ser resoltas por estrita orde de presentaci\u00f3n.<br \/>\nXunto ao anterior, e tendo en conta a posible adopci\u00f3n de ulteriores medidas de planificaci\u00f3n, no presente decreto incl\u00faese tam\u00e9n, nas disposici\u00f3ns derradeiras primeira e segunda, a modificaci\u00f3n do Regulamento de m\u00e1quinas recreativas e de azar da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e do Regulamento de apostas da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, co fin de recoller neles, expresamente e con car\u00e1cter xeral, como causa de desestimaci\u00f3n das solicitudes de autorizaci\u00f3n de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo e de tendas de apostas, respectivamente, a superaci\u00f3n do n\u00famero m\u00e1ximo de autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n destes establecementos que fixe como medida de planificaci\u00f3n o Consello da Xunta, as\u00ed como a regra aplicable \u00e1s solicitudes que se atopen en tramitaci\u00f3n na data de adopci\u00f3n da medida de planificaci\u00f3n, salvo que exista disposici\u00f3n en contrario ou se prevexa outra soluci\u00f3n na planificaci\u00f3n que se aprobe.<br \/>\nO decreto cont\u00e9n tam\u00e9n unha disposici\u00f3n derradeira terceira en que se precisa a vixencia temporalmente limitada das previsi\u00f3ns do decreto derivadas da planificaci\u00f3n prevista no acordo, expresamente cualificada nel como provisional e transitoria. As\u00ed, tales previsi\u00f3ns permanecer\u00e1n vixentes durante o prazo de duraci\u00f3n m\u00e1xima da dita planificaci\u00f3n.<br \/>\nPor \u00faltimo, o decreto recolle unha disposici\u00f3n derradeira cuarta sobre a s\u00faa entrada en vigor, que se producir\u00e1 na mesma data da s\u00faa publicaci\u00f3n no Diario Oficial de Galicia, considerando a urxencia da aplicaci\u00f3n das previsi\u00f3ns contidas no decreto de cara a lograr a plena efectividade da planificaci\u00f3n prevista no acordo e, finalmente, garantir a atenci\u00f3n \u00e1s raz\u00f3ns imperiosas de interese xeral en que tal planificaci\u00f3n se fundamenta.<br \/>\nO presente decreto tramitouse de conformidade co disposto na Lei 16\/2010, do 17 de decembro, de organizaci\u00f3n e funcionamento da Administraci\u00f3n xeral e do sector p\u00fablico auton\u00f3mico de Galicia, e foi exposto a informaci\u00f3n p\u00fablica no Portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia e sometido a audiencia dos grupos e sectores con dereitos e intereses lex\u00edtimos na materia e a informe da Comisi\u00f3n de Xogo de Galicia. As\u00ed mesmo, foi sometido a informe econ\u00f3mico-financeiro da conseller\u00eda competente en materia de facenda, informe sobre impacto de x\u00e9nero e informe da Asesor\u00eda Xur\u00eddica Xeral.<br \/>\nDe conformidade con todo o exposto anteriormente, c\u00f3mpre destacar que coa aprobaci\u00f3n deste decreto se d\u00e1 pleno cumprimento aos principios de necesidade, eficacia, proporcionalidade, seguridade xur\u00eddica, transparencia e eficiencia que constit\u00faen os principios de boa regulaci\u00f3n establecidos no artigo 129 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo com\u00fan das administraci\u00f3ns p\u00fablicas.<br \/>\nNa s\u00faa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administraci\u00f3ns P\u00fablicas e Xustiza, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.5 da Lei 1\/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da s\u00faa presidencia, de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberaci\u00f3n do Consello da Xunta de Galicia na s\u00faa reuni\u00f3n do d\u00eda catro de xullo de dous mil dezanove,<br \/>\nDISPO\u00d1O:<br \/>\nArtigo 1. Limitaci\u00f3n do n\u00famero de autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo<br \/>\n1. Conforme a planificaci\u00f3n aprobada polo acordo do Consello da Xunta, do 16 de maio de 2019, sobre planificaci\u00f3n das autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo e tendas de apostas na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, o n\u00famero de autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia queda limitado a un m\u00e1ximo de 118.<br \/>\n2. Se, con posterioridade a se acadar o dito n\u00famero m\u00e1ximo, se produce a extinci\u00f3n dalgunha ou dalgunhas das autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n, o n\u00famero m\u00e1ximo previsto no n\u00famero 1 decrecer\u00e1 nunha cantidade igual \u00e1 autorizaci\u00f3n ou autorizaci\u00f3ns extinguidas.<br \/>\nArtigo 2. Limitaci\u00f3n do n\u00famero de autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n de tendas de apostas<br \/>\n1. Conforme a planificaci\u00f3n aprobada por acordo do Consello da Xunta do 16 de maio de 2019, sobre planificaci\u00f3n das autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo e tendas de apostas na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, o n\u00famero de autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n de tendas de apostas na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia queda limitado a un m\u00e1ximo de 41.<br \/>\n2. Se, con posterioridade a se acadar o dito n\u00famero m\u00e1ximo, se produce a extinci\u00f3n dalgunha ou dalgunhas das autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n, o n\u00famero m\u00e1ximo previsto no n\u00famero 1 decrecer\u00e1 nunha cantidade igual \u00e1 a autorizaci\u00f3n ou autorizaci\u00f3ns extinguidas.<br \/>\nArtigo 3. R\u00e9xime aplicable aos procedementos de outorgamento de autorizaci\u00f3n de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo e de autorizaci\u00f3n de instalaci\u00f3n de tendas de apostas<br \/>\nNos procedementos de outorgamento de autorizaci\u00f3n de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo e de autorizaci\u00f3n de instalaci\u00f3n de tendas de apostas ser\u00e1 causa de desestimaci\u00f3n da solicitude a superaci\u00f3n do n\u00famero m\u00e1ximo fixado, respectivamente, nos artigos 1 e 2.<br \/>\nDisposici\u00f3n transitoria \u00fanica. Solicitudes en tr\u00e1mite<br \/>\n1. O r\u00e9xime previsto no presente decreto ser\u00e1 de aplicaci\u00f3n \u00e1s solicitudes de autorizaci\u00f3n de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo e de autorizaci\u00f3n de instalaci\u00f3n de tendas de apostas que se atopen en tramitaci\u00f3n na data de entrada en vigor do presente decreto, sen prexu\u00edzo dos efectos derivados, de ser o caso, da estimaci\u00f3n por silencio administrativo.<br \/>\n2. As ditas solicitudes deber\u00e1n ser resoltas por estrita orde de presentaci\u00f3n.<br \/>\nDisposici\u00f3n derradeira primeira. Modificaci\u00f3n do Regulamento de m\u00e1quinas recreativas e de azar da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, aprobado polo Decreto 39\/2008, do 21 de febreiro<br \/>\nEng\u00e1dese un n\u00famero 6 no artigo 67 do Regulamento de m\u00e1quinas recreativas e de azar da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, aprobado polo Decreto 39\/2008, do 21 de febreiro, coa seguinte redacci\u00f3n:<br \/>\n\u00ab6. Ser\u00e1 causa de desestimaci\u00f3n da solicitude a superaci\u00f3n do n\u00famero m\u00e1ximo de autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo que fixe como medida de planificaci\u00f3n o Consello da Xunta. A dita causa de desestimaci\u00f3n ser\u00e1 aplicable tanto \u00e1s solicitudes que se presentasen con posterioridade \u00e1 data de adopci\u00f3n da medida de planificaci\u00f3n como \u00e1s que se atopasen en tramitaci\u00f3n na dita data, salvo que exista disposici\u00f3n en contrario ou se prevexa outra soluci\u00f3n na planificaci\u00f3n que se aprobe\u00bb.<br \/>\nDisposici\u00f3n derradeira segunda. Modificaci\u00f3n do Regulamento de apostas da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, aprobado polo Decreto 162\/2012, do 7 de xu\u00f1o<br \/>\nEng\u00e1dese un n\u00famero 8 ao artigo 47 do Regulamento de apostas da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, aprobado polo Decreto 162\/2012, do 7 de xu\u00f1o, coa seguinte redacci\u00f3n:<br \/>\n\u00ab8. Ser\u00e1 causa de desestimaci\u00f3n da solicitude a superaci\u00f3n do n\u00famero m\u00e1ximo de autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n de tendas de apostas que fixe como medida de planificaci\u00f3n o Consello da Xunta. A dita causa de desestimaci\u00f3n ser\u00e1 aplicable tanto \u00e1s solicitudes que se presentasen con posterioridade \u00e1 data de adopci\u00f3n da medida de planificaci\u00f3n como \u00e1s que se atopasen en tramitaci\u00f3n na dita data, salvo que exista disposici\u00f3n en contrario ou se prevexa outra soluci\u00f3n na planificaci\u00f3n que se aprobe&#8230;\u00bb.<br \/>\nDisposici\u00f3n derradeira terceira. Vixencia temporal limitada<br \/>\nAs previsi\u00f3ns contidas nos artigos 1 a 3 e na disposici\u00f3n transitoria \u00fanica estar\u00e1n vixentes durante o prazo de duraci\u00f3n da planificaci\u00f3n prevista no acordo do Consello da Xunta do 16 de maio de 2019, publicado no Diario Oficial de Galicia n\u00famero 94, do 20 de maio de 2019, sobre planificaci\u00f3n das autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo e tendas de apostas na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<br \/>\nDisposici\u00f3n derradeira cuarta. Entrada en vigor<br \/>\nEste decreto entrar\u00e1 en vigor na data da s\u00faa publicaci\u00f3n no Diario Oficial de Galicia.<br \/>\nSantiago de Compostela, catro de xullo de dous mil dezanove<br \/>\nAlberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o<br \/>\nPresidente<br \/>\nAlfonso Rueda Valenzuela<br \/>\nVicepresidente e conselleiro de Presidencia,<br \/>\nAdministraci\u00f3ns P\u00fablicas e Xustiza<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>DECRETO 72\/2019, do 4 de xullo, polo que se aproban medidas en materia de planificaci\u00f3n de autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo e tendas de apostas na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[4],"tags":[1995],"class_list":["post-13954","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-novedades-normativas","tag-galiciasalons-xogo"],"acf":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.6 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Sal\u00f3ns de xogo GALICIA - Normativa Municipal<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Sal\u00f3ns de xogo GALICIA - Normativa Municipal\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"DECRETO 72\/2019, do 4 de xullo, polo que se aproban medidas en materia de planificaci\u00f3n de autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo e tendas de apostas na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Normativa Municipal\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2020-12-23T12:50:03+00:00\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"admin\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"admin\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"18 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=13954#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=13954\"},\"author\":{\"name\":\"admin\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4\"},\"headline\":\"Sal\u00f3ns de xogo GALICIA\",\"datePublished\":\"2020-12-23T12:50:03+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=13954\"},\"wordCount\":3659,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\"},\"keywords\":[\"Galicia|Sal\u00f3ns xogo\"],\"articleSection\":[\"Novedades Normativas\"],\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=13954#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=13954\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=13954\",\"name\":\"Sal\u00f3ns de xogo GALICIA - Normativa Municipal\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#website\"},\"datePublished\":\"2020-12-23T12:50:03+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=13954#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=13954\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=13954#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Sal\u00f3ns de xogo GALICIA\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\",\"name\":\"Normativa Municipal\",\"description\":\"Comentarios doctrinales\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\",\"name\":\"Normativa Municipal\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/02\\\/logo-municipal-2-light-2.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/02\\\/logo-municipal-2-light-2.png\",\"width\":1970,\"height\":221,\"caption\":\"Normativa Municipal\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4\",\"name\":\"admin\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"admin\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?author=1\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Sal\u00f3ns de xogo GALICIA - Normativa Municipal","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"Sal\u00f3ns de xogo GALICIA - Normativa Municipal","og_description":"DECRETO 72\/2019, do 4 de xullo, polo que se aproban medidas en materia de planificaci\u00f3n de autorizaci\u00f3ns de instalaci\u00f3n de sal\u00f3ns de xogo e tendas de apostas na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.","og_url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954","og_site_name":"Normativa Municipal","article_published_time":"2020-12-23T12:50:03+00:00","author":"admin","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"admin","Tiempo de lectura":"18 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954"},"author":{"name":"admin","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/person\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4"},"headline":"Sal\u00f3ns de xogo GALICIA","datePublished":"2020-12-23T12:50:03+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954"},"wordCount":3659,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization"},"keywords":["Galicia|Sal\u00f3ns xogo"],"articleSection":["Novedades Normativas"],"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954","name":"Sal\u00f3ns de xogo GALICIA - Normativa Municipal","isPartOf":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#website"},"datePublished":"2020-12-23T12:50:03+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=13954#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/normativamunicipal.com\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Sal\u00f3ns de xogo GALICIA"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#website","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/","name":"Normativa Municipal","description":"Comentarios doctrinales","publisher":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization","name":"Normativa Municipal","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/logo-municipal-2-light-2.png","contentUrl":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/logo-municipal-2-light-2.png","width":1970,"height":221,"caption":"Normativa Municipal"},"image":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/logo\/image\/"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/person\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4","name":"admin","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g","caption":"admin"},"sameAs":["https:\/\/normativamunicipal.com"],"url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?author=1"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13954","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=13954"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/13954\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=13954"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=13954"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=13954"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}