{"id":14405,"date":"2020-12-23T12:53:36","date_gmt":"2020-12-23T12:53:36","guid":{"rendered":"https:\/\/normativamunicipal.com\/uncategorized\/sede-electronica-xunta-galicia\/"},"modified":"2020-12-23T12:53:36","modified_gmt":"2020-12-23T12:53:36","slug":"sede-electronica-xunta-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405","title":{"rendered":"Sede electr\u00f3nica XUNTA GALICIA"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><strong>DECRETO 25\/2020, do 13 de febreiro, polo que se regula a ampliaci\u00f3n dos prazos de presentaci\u00f3n de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos no caso de determinadas incidencias t\u00e9cnicas que imposibiliten o funcionamento ordinario da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><!--more-->[sc name=\u00bbsecretario\u00bb ]<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Si ya es suscriptor-usuario de este servicio y no recuerda su clave de acceso solic\u00edtenosla en:\u00a0<span style=\"color: #3366ff;\"><em>\u00a0<a href=\"mailto:dapp@dappeditorial.es?body=Deseo%20recordar%20contrase\u00f1a%20de%20acceso%20%Mis%20datos%20personales%20son%3A%0A%0AEmpresa%2FNombre%3A%2F E-mail%3A%0A%0ATel%C3%A9fono%3A\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">dapp@dappeditorial.e<\/a>s<\/em><\/span><br \/>\nI<br \/>\nO principio de boa administraci\u00f3n debe presidir as actuaci\u00f3ns das administraci\u00f3ns p\u00fablicas nas relaci\u00f3ns coa cidadan\u00eda. Neste sentido, os medios electr\u00f3nicos constit\u00faen un instrumento id\u00f3neo para lograr unha boa administraci\u00f3n na medida en que, como sinala a exposici\u00f3n de motivos da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo com\u00fan das administraci\u00f3ns p\u00fablicas, unha Administraci\u00f3n sen papel, baseada nun funcionamento integramente electr\u00f3nico non s\u00f3 serve mellor aos principios de eficacia e eficiencia, ao aforrar custos \u00e1 cidadan\u00eda e \u00e1s empresas, sen\u00f3n que tam\u00e9n reforza as garant\u00edas das persoas interesadas.<br \/>\nUn elemento esencial no funcionamento electr\u00f3nico das administraci\u00f3ns p\u00fablicas e nas s\u00faas relaci\u00f3ns coa cidadan\u00eda \u00e9 a sede electr\u00f3nica. No \u00e1mbito auton\u00f3mico, a sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia foi creada e regulada polo Decreto 198\/2010, do 4 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administraci\u00f3n electr\u00f3nica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Actualmente, a regulaci\u00f3n desta sede electr\u00f3nica rec\u00f3llese na Lei 4\/2019, do 17 de xullo, de administraci\u00f3n dixital de Galicia. Conforme o artigo 16 da dita lei, a sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia \u00e9 o enderezo electr\u00f3nico dispo\u00f1ible para a cidadan\u00eda nos termos establecidos no artigo 38 da Lei 40\/2015, do 1 de outubro, de r\u00e9xime xur\u00eddico do sector p\u00fablico. O seu \u00e1mbito de aplicaci\u00f3n abrangue o conxunto de \u00f3rganos e entidades que configuran o sector p\u00fablico auton\u00f3mico de Galicia.<br \/>\nDesde a s\u00faa posta en marcha, a sede electr\u00f3nica foi ampliando o conxunto de tr\u00e1mites e procedementos postos \u00e1 disposici\u00f3n da cidadan\u00eda a trav\u00e9s dela ata chegar a constitu\u00edr un servizo fundamental no funcionamento ordinario do sector p\u00fablico auton\u00f3mico.<br \/>\nPara que o emprego de medios electr\u00f3nicos poida efectivamente contribu\u00edr \u00e1 boa administraci\u00f3n e non ser fonte de obst\u00e1culos a esta, \u00e9 necesario que a xeneralizaci\u00f3n do emprego de tales medios nas relaci\u00f3ns da cidadan\u00eda coa Administraci\u00f3n vaia acompa\u00f1ada de soluci\u00f3ns normativas para os supostos en que tales medios fallen.<br \/>\nEn relaci\u00f3n con este aspecto, xa con anterioridade \u00e1 Lei 39\/2015, do 1 de outubro, no \u00e1mbito da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia se recolleron algunhas previsi\u00f3ns ao respecto. As\u00ed, no artigo 11.4 do Decreto 198\/2010, do 2 de decembro, e no artigo 36.4 do Decreto 191\/2011, do 22 de setembro, de organizaci\u00f3n e funcionamento dos rexistros da Administraci\u00f3n xeral e das entidades p\u00fablicas instrumentais da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, preveuse que, no suposto de interrupci\u00f3n non planificada no funcionamento do Rexistro Electr\u00f3nico, a persoa usuaria que accedese a este deb\u00eda visualizar unha mensaxe almacenable e imprimible na cal se comunicase esta circunstancia con expresi\u00f3n da data e hora, que servir\u00eda de constancia documental para a presentaci\u00f3n da solicitude, escrito ou comunicaci\u00f3n. Nos supostos en que fose tecnicamente posible, o intento de presentaci\u00f3n considerar\u00edase v\u00e1lido, en cuxo caso se requir\u00eda a persoa interesada para que emendase a s\u00faa solicitude.<br \/>\nEstas previsi\u00f3ns normativas, no entanto, amos\u00e1ronse insuficientes para facer fronte aos diversos supostos xurdidos na pr\u00e1ctica.<br \/>\nA Lei 39\/2015, do 1 de outubro, recolle unha regra espec\u00edfica sobre a materia. As\u00ed, dentro da regulaci\u00f3n da ampliaci\u00f3n de prazos, introd\u00facese unha nova causa no n\u00famero 4 do artigo 32 desa lei, conforme o cal, cando unha incidencia t\u00e9cnica imposibilitase o funcionamento ordinario do sistema ou aplicaci\u00f3n que corresponda, e ata que se solucione o problema, a Administraci\u00f3n poder\u00e1 determinar unha ampliaci\u00f3n dos prazos non vencidos e deber\u00e1 publicar na sede electr\u00f3nica tanto a incidencia t\u00e9cnica acontecida como a ampliaci\u00f3n concreta do prazo non vencido.<br \/>\nAs\u00ed mesmo, a Lei 4\/2019, do 17 de xullo, de administraci\u00f3n dixital de Galicia, establece no seu artigo 104.2, respecto dos procedementos cuxa tramitaci\u00f3n e resoluci\u00f3n sexan da competencia do sector p\u00fablico auton\u00f3mico, que regulamentariamente se establecer\u00e1 o r\u00e9xime de ampliaci\u00f3n dos prazos aplicable e a emisi\u00f3n de certificados acreditativos da indispo\u00f1ibilidade, no caso de incidencias t\u00e9cnicas non planificadas que imposibiliten o funcionamento ordinario do sistema ou da aplicaci\u00f3n que corresponda. O artigo prev\u00e9, ademais, que se exceptuar\u00e1n dese r\u00e9xime aqueles procedementos que te\u00f1an unha normativa espec\u00edfica que resulte incompatible con \u00e9l.<br \/>\nNo caso de incidencias t\u00e9cnicas no funcionamento ordinario da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia, pode verse afectado o exercicio de dereitos da cidadan\u00eda cando estes estean vinculados a prazos xa vez que, como se indicou antes, a sede electr\u00f3nica d\u00e1 acceso ao Rexistro Electr\u00f3nico para a presentaci\u00f3n electr\u00f3nica de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos, de a\u00ed a importancia de conseguir que tales incidencias, de producirse, te\u00f1an a menor repercusi\u00f3n posible no exercicio de dereitos. Agora ben, a posibilidade de que, nestes casos e trat\u00e1ndose de incidencias t\u00e9cnicas non planificadas, se acorde ad hoc, e respecto de cada procedemento en concreto, a ampliaci\u00f3n de prazos non vencidos para a presentaci\u00f3n de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos antes do vencemento de tales prazos resulta practicamente imposible nos supostos en que esas incidencias se produzan no \u00faltimo d\u00eda do prazo, tendo en conta que o Rexistro Electr\u00f3nico permite a presentaci\u00f3n de documentos todos os d\u00edas do ano durante as vinte e catro horas, tal e como prescriben o artigo 31 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro; o artigo 29.2 da Lei 4\/2019, do 17 de xullo, e os artigos 36.3 e 43 do Decreto 191\/2011, do 22 de setembro.<br \/>\nO presente decreto responde as\u00ed \u00e1 necesidade de establecer, en exercicio das competencias auton\u00f3micas atribu\u00eddas polos artigos 27.5 e 28.1 do Estatuto de autonom\u00eda de Galicia en materia de procedementos administrativos que deriven do espec\u00edfico dereito galego e da organizaci\u00f3n propia dos poderes p\u00fablicos galegos e de desenvolvemento normativo e execuci\u00f3n da lexislaci\u00f3n do Estado en materia de r\u00e9xime xur\u00eddico da Administraci\u00f3n p\u00fablica galega, con car\u00e1cter xeral e imperativo respecto dos procedementos administrativos de competencia auton\u00f3mica, unha ampliaci\u00f3n de prazos non vencidos para a presentaci\u00f3n de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos nos supostos de produci\u00f3n de incidencias t\u00e9cnicas que imposibiliten o funcionamento ordinario da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia cando tales incidencias afecten o d\u00eda de vencemento do dito prazo. Todo iso na procura de incrementar a seguridade xur\u00eddica da actuaci\u00f3n administrativa, de facilitar as relaci\u00f3ns electr\u00f3nicas da Administraci\u00f3n coa cidadan\u00eda con plena garant\u00eda dos seus dereitos e de mellorar a xesti\u00f3n e a transparencia. Procede, por\u00e9n, exceptuar do \u00e1mbito de aplicaci\u00f3n da norma aqueles procedementos cuxa normativa espec\u00edfica resulte incompatible coa posibilidade de ampliaci\u00f3ns dos prazos previstos como os casos en que na normativa exista precepto en contrario.<br \/>\nA duraci\u00f3n desta ampliaci\u00f3n f\u00edxase en vinte e catro horas h\u00e1biles, atendido o lapso temporal necesario, na pr\u00e1ctica totalidade dos casos, para a soluci\u00f3n de incidencias t\u00e9cnicas que poidan presentarse. Non obstante, no caso de que, por circunstancias excepcionais e debidamente motivadas, se aprecie que a incidencia persistir\u00e1 m\u00e1is al\u00f3 do dito prazo, mantense a posibilidade de que, respecto de cada procedemento, o \u00f3rgano en cada caso competente valore a adopci\u00f3n dun acordo ad hoc de ampliaci\u00f3n.<br \/>\nPolo demais, sen prexu\u00edzo da publicaci\u00f3n, tanto da incidencia t\u00e9cnica acontecida como da ampliaci\u00f3n de prazos, tanto na sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia como na intranet corporativa (esta \u00faltima \u00e9 unha publicidade adicional \u00e1 prevista na Lei 39\/2015, do 1 de outubro), prevese no decreto que a Axencia para a Modernizaci\u00f3n Tecnol\u00f3xica de Galicia, na s\u00faa condici\u00f3n de entidade p\u00fablica instrumental do sector p\u00fablico auton\u00f3mico responsable da xesti\u00f3n tecnol\u00f3xica da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia, expida un certificado en que se constate a incidencia t\u00e9cnica producida e os prazos obxecto de ampliaci\u00f3n; deber\u00e1n incorporar unha copia deste certificado aos expedientes administrativos os \u00f3rganos ou unidades administrativas responsables da s\u00faa tramitaci\u00f3n.<br \/>\nII<br \/>\nEn canto \u00e1 estrutura do decreto, este consta de catro artigos, unha disposici\u00f3n transitoria \u00fanica, unha disposici\u00f3n derrogatoria \u00fanica e tres disposici\u00f3ns derradeiras.<br \/>\nNos artigos 1 e 2 reg\u00falanse, respectivamente, o obxecto da norma e o seu \u00e1mbito de aplicaci\u00f3n; e nos artigos 3 e 4 rec\u00f3llense as previsi\u00f3ns concretas sobre os termos en que se producir\u00e1 a ampliaci\u00f3n de prazos, o modo en que debe deixarse constancia de tal ampliaci\u00f3n nos expedientes administrativos afectados e sobre a publicidade que debe darse \u00e1 incidencia t\u00e9cnica producida e \u00e1 ampliaci\u00f3n de prazos producida.<br \/>\nNa disposici\u00f3n transitoria \u00fanica prevese a aplicaci\u00f3n do novo r\u00e9xime, no caso de que concorran os presupostos para a s\u00faa aplicaci\u00f3n, a prazos iniciados pero non vencidos no momento da entrada en vigor deste decreto, co fin de que a salvagarda do exercicio de dereitos pola cidadan\u00eda que persegue a nova norma sexa aplicable sen dilaci\u00f3n.<br \/>\nNa disposici\u00f3n derrogatoria \u00fanica prevese a derrogaci\u00f3n de todas aquelas disposici\u00f3ns de igual ou inferior rango que se opo\u00f1an ao disposto neste decreto.<br \/>\nEn canto \u00e1s disposici\u00f3ns derradeiras, na primeira rec\u00f3llese a modificaci\u00f3n do n\u00famero 4 do artigo 36 do Decreto 191\/2011, do 22 de setembro, co fin de que o disposto nel garde coherencia coa regulaci\u00f3n contida no presente decreto. As\u00ed, coa nova redacci\u00f3n dada a este precepto, difer\u00e9nciase a interrupci\u00f3n do funcionamento do Rexistro Electr\u00f3nico planificada e a non planificada e, neste \u00faltimo caso, incl\u00faese expresamente a remisi\u00f3n ao presente decreto para o caso en que tal interrupci\u00f3n se deba a incidencias t\u00e9cnicas producidas no d\u00eda de vencemento do prazo fixado para a presentaci\u00f3n de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos. No caso de interrupci\u00f3n non planificada por outras incidencias t\u00e9cnicas, prevese unha remisi\u00f3n ao artigo 32 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, de xeito que, en tales casos, ao non afectar a incidencia t\u00e9cnica o \u00faltimo d\u00eda do prazo, poder\u00e1 adoptarse, de considerarse necesario, o correspondente acordo de ampliaci\u00f3n por parte do \u00f3rgano competente.<br \/>\nA disposici\u00f3n derradeira segunda recolle unha habilitaci\u00f3n para o desenvolvemento normativo e na disposici\u00f3n derradeira terceira prevese a entrada en vigor da disposici\u00f3n o d\u00eda seguinte ao da s\u00faa publicaci\u00f3n no Diario Oficial de Galicia, ao concorreren raz\u00f3ns xustificadas de perentoriedade que demandan a inmediata entrada en vigor da norma, como \u00e9 ofrecer \u00e1 cidadan\u00eda as m\u00e1ximas garant\u00edas no exercicio dos seus dereitos a trav\u00e9s de medios electr\u00f3nicos.<br \/>\nIII<br \/>\nNa tramitaci\u00f3n deste decreto seguiuse o procedemento establecido na Lei 39\/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo com\u00fan das administraci\u00f3ns p\u00fablicas, e na Lei 16\/2010, do 17 de decembro, de organizaci\u00f3n e funcionamento da Administraci\u00f3n xeral e do sector p\u00fablico auton\u00f3mico de Galicia, e cumpr\u00edronse, as\u00ed mesmo, os tr\u00e1mites previstos na normativa en materia de transparencia.<br \/>\nAdemais, o presente decreto ax\u00fastase aos principios de boa regulaci\u00f3n contidos no artigo 129 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo com\u00fan das administraci\u00f3ns p\u00fablicas, e no artigo 37.a) da Lei 14\/2013, do 26 de decembro, de racionalizaci\u00f3n do sector p\u00fablico auton\u00f3mico de Galicia, ao responder as medidas previstas nel \u00e1 satisfacci\u00f3n de necesidades de interese xeral coa debida proporcionalidade, eficacia e eficiencia, ao recollerse na norma os obxectivos perseguidos a trav\u00e9s dela e a s\u00faa xustificaci\u00f3n e terse promovido durante a s\u00faa tramitaci\u00f3n a participaci\u00f3n cidad\u00e1 en cumprimento do principio de transparencia, e, finalmente, ao introducirse a trav\u00e9s del, conforme o principio de seguridade xur\u00eddica, as modificaci\u00f3ns precisas nas disposici\u00f3ns vixentes.<br \/>\nNa s\u00faa virtude, por proposta conxunta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administraci\u00f3ns P\u00fablicas e Xustiza e do conselleiro de Facenda, co referendo do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administraci\u00f3ns P\u00fablicas e Xustiza, de acordo co Consello Consultivo e logo da deliberaci\u00f3n do Consello da Xunta de Galicia, na s\u00faa reuni\u00f3n do d\u00eda trece de febreiro de dous mil vinte<br \/>\nDISPO\u00d1O:<br \/>\nArtigo 1. Obxecto<br \/>\nEste decreto ten por obxecto a regulaci\u00f3n da ampliaci\u00f3n de prazos non vencidos para a presentaci\u00f3n de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos no caso de determinadas incidencias t\u00e9cnicas que imposibiliten o funcionamento ordinario da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia.<br \/>\nArtigo 2. \u00c1mbito de aplicaci\u00f3n<br \/>\n1. Este decreto \u00e9 de aplicaci\u00f3n a procedementos administrativos cuxa tramitaci\u00f3n e resoluci\u00f3n sexan de competencia de \u00f3rganos da Administraci\u00f3n xeral da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia ou de entidades p\u00fablicas instrumentais do sector p\u00fablico auton\u00f3mico.<br \/>\n2. Except\u00faanse os procedementos administrativos especiais cuxa normativa espec\u00edfica resulte incompatible coas previsi\u00f3ns contidas neste decreto.<br \/>\nArtigo 3. Ampliaci\u00f3n do prazo para a presentaci\u00f3n de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos no caso de determinadas incidencias t\u00e9cnicas<br \/>\n1. O prazo para a presentaci\u00f3n de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos ampliarase automaticamente vinte catro horas h\u00e1biles, contadas a partir da s\u00faa finalizaci\u00f3n, cando se produza unha incidencia t\u00e9cnica non planificada no d\u00eda de vencemento do prazo que imposibilite o funcionamento ordinario da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia.<br \/>\n2. No caso de que se produza unha incidencia na sede electr\u00f3nica que dea lugar \u00e1 ampliaci\u00f3n de prazos segundo o establecido no n\u00famero anterior, a entidade p\u00fablica instrumental do sector p\u00fablico auton\u00f3mico con competencias en materia de administraci\u00f3n electr\u00f3nica expedir\u00e1 un \u00fanico certificado en que se constate a incidencia acontecida e a ampliaci\u00f3n de prazos producida, con referencia aos procedementos afectados por tal ampliaci\u00f3n.<br \/>\n3. Os \u00f3rganos ou unidades administrativas responsables da tramitaci\u00f3n dos procedementos afectados pola ampliaci\u00f3n de prazos incorporar\u00e1n unha copia do devandito certificado aos correspondentes expedientes para deixar constancia desta circunstancia.<br \/>\n4. Unha vez ampliado o prazo nos termos do n\u00famero 1 deste artigo, para o caso de que se prevexa que a incidencia t\u00e9cnica poida persistir m\u00e1is al\u00f3 daquelas vinte e catro horas h\u00e1biles, o \u00f3rgano competente respecto de cada procedemento poder\u00e1 acordar, de xeito expreso e motivado, unha ampliaci\u00f3n do prazo nos termos do artigo 32 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo com\u00fan das administraci\u00f3ns p\u00fablicas.<br \/>\nArtigo 4. Publicidade<br \/>\nA ampliaci\u00f3n regulada neste decreto ser\u00e1 obxecto de publicidade mediante un anuncio publicado na sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia e na intranet corporativa, no cal se indicar\u00e1 a incidencia t\u00e9cnica acontecida e a ampliaci\u00f3n de prazos producida con referencia aos procedementos afectados por tal ampliaci\u00f3n.<br \/>\nDisposici\u00f3n transitoria \u00fanica. Prazos iniciados e non vencidos no momento da entrada en vigor do presente decreto<br \/>\nO presente decreto ser\u00e1 de aplicaci\u00f3n, cando concorran as circunstancias nel descritas, aos prazos de presentaci\u00f3n de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos iniciados e que non se atopen vencidos no momento da s\u00faa entrada en vigor.<br \/>\nDisposici\u00f3n derrogatoria \u00fanica. Derrogaci\u00f3n normativa<br \/>\nQuedan derrogadas as disposici\u00f3ns de igual ou inferior rango que se opo\u00f1an ao disposto no presente decreto.<br \/>\nDisposici\u00f3n derradeira primeira. Modificaci\u00f3n do Decreto 191\/2011, do 22 de setembro, de organizaci\u00f3n e funcionamento dos rexistros da Administraci\u00f3n xeral e das entidades p\u00fablicas instrumentais da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia<br \/>\nO n\u00famero 4 do artigo 36 do Decreto 191\/2011, do 22 de setembro, de organizaci\u00f3n e funcionamento dos rexistros da Administraci\u00f3n xeral e das entidades p\u00fablicas instrumentais da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, queda redactado como segue:<br \/>\n\u00ab4. O funcionamento do Rexistro Electr\u00f3nico soamente se poder\u00e1 interromper de maneira planificada por motivos xustificados de car\u00e1cter t\u00e9cnico, operativo ou relativos ao seu mantemento, e polo tempo m\u00ednimo posible. Esta interrupci\u00f3n terase que anunciar \u00e1s persoas interesadas coa m\u00e1xima antelaci\u00f3n posible, as\u00ed como os efectos da interrupci\u00f3n, con indicaci\u00f3n expresa, se \u00e9 o caso, da pr\u00f3rroga dos prazos de inminente vencemento que se tivese acordado.<br \/>\nEn procedementos administrativos de competencia da Administraci\u00f3n xeral da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia ou das entidades p\u00fablicas instrumentais do sector p\u00fablico auton\u00f3mico, no caso de interrupci\u00f3n non planificada motivada por incidencias t\u00e9cnicas que imposibilitasen o funcionamento ordinario do Rexistro Electr\u00f3nico, poder\u00e1 acordarse a ampliaci\u00f3n de prazos nos termos previstos no artigo 32 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo com\u00fan das administraci\u00f3ns p\u00fablicas. De producirse tales incidencias no d\u00eda de vencemento do prazo fixado para a presentaci\u00f3n de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos, estarase ao disposto no Decreto 25\/2020, do 13 de febreiro, polo que se regula a ampliaci\u00f3n dos prazos de presentaci\u00f3n de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos no caso de determinadas incidencias t\u00e9cnicas que imposibiliten o funcionamento ordinario da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia\u00bb.<br \/>\nDisposici\u00f3n derradeira segunda. Habilitaci\u00f3n normativa<br \/>\nFac\u00faltanse as persoas titulares da conseller\u00eda competente en materia de administraci\u00f3n electr\u00f3nica e da conseller\u00eda competente en materia de administraci\u00f3ns p\u00fablicas para ditar as disposici\u00f3ns necesarias para o desenvolvemento deste decreto, no relativo \u00e1 organizaci\u00f3n e \u00e1s materias propias dos seus respectivos departamentos.<br \/>\nDisposici\u00f3n derradeira terceira. Entrada en vigor<br \/>\nEste decreto entrar\u00e1 en vigor o d\u00eda seguinte ao da s\u00faa publicaci\u00f3n no Diario Oficial de Galicia.<br \/>\nBoqueix\u00f3n, trece de febreiro de dous mil vinte<br \/>\nAlberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o<br \/>\nPresidente<br \/>\nAlfonso Rueda Valenzuela<br \/>\nVicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administraci\u00f3ns P\u00fablicas e Xustiza<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>DECRETO 25\/2020, do 13 de febreiro, polo que se regula a ampliaci\u00f3n dos prazos de presentaci\u00f3n de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos no caso de determinadas incidencias t\u00e9cnicas que imposibiliten o funcionamento ordinario da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[4],"tags":[2345],"class_list":["post-14405","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-novedades-normativas","tag-sede-electronicaxunta-galicia"],"acf":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.6 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Sede electr\u00f3nica XUNTA GALICIA - Normativa Municipal<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Sede electr\u00f3nica XUNTA GALICIA - Normativa Municipal\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"DECRETO 25\/2020, do 13 de febreiro, polo que se regula a ampliaci\u00f3n dos prazos de presentaci\u00f3n de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos no caso de determinadas incidencias t\u00e9cnicas que imposibiliten o funcionamento ordinario da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia.\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Normativa Municipal\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2020-12-23T12:53:36+00:00\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"admin\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"admin\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"15 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14405#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14405\"},\"author\":{\"name\":\"admin\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4\"},\"headline\":\"Sede electr\u00f3nica XUNTA GALICIA\",\"datePublished\":\"2020-12-23T12:53:36+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14405\"},\"wordCount\":3087,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\"},\"keywords\":[\"Sede electr\u00f3nica|XUNTA GALICIA\"],\"articleSection\":[\"Novedades Normativas\"],\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14405#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14405\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14405\",\"name\":\"Sede electr\u00f3nica XUNTA GALICIA - Normativa Municipal\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#website\"},\"datePublished\":\"2020-12-23T12:53:36+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14405#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14405\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14405#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Sede electr\u00f3nica XUNTA GALICIA\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\",\"name\":\"Normativa Municipal\",\"description\":\"Comentarios doctrinales\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\",\"name\":\"Normativa Municipal\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/02\\\/logo-municipal-2-light-2.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/02\\\/logo-municipal-2-light-2.png\",\"width\":1970,\"height\":221,\"caption\":\"Normativa Municipal\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4\",\"name\":\"admin\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"admin\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?author=1\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Sede electr\u00f3nica XUNTA GALICIA - Normativa Municipal","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"Sede electr\u00f3nica XUNTA GALICIA - Normativa Municipal","og_description":"DECRETO 25\/2020, do 13 de febreiro, polo que se regula a ampliaci\u00f3n dos prazos de presentaci\u00f3n de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicaci\u00f3ns e documentos no caso de determinadas incidencias t\u00e9cnicas que imposibiliten o funcionamento ordinario da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia.","og_url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405","og_site_name":"Normativa Municipal","article_published_time":"2020-12-23T12:53:36+00:00","author":"admin","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"admin","Tiempo de lectura":"15 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405"},"author":{"name":"admin","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/person\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4"},"headline":"Sede electr\u00f3nica XUNTA GALICIA","datePublished":"2020-12-23T12:53:36+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405"},"wordCount":3087,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization"},"keywords":["Sede electr\u00f3nica|XUNTA GALICIA"],"articleSection":["Novedades Normativas"],"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405","name":"Sede electr\u00f3nica XUNTA GALICIA - Normativa Municipal","isPartOf":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#website"},"datePublished":"2020-12-23T12:53:36+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14405#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/normativamunicipal.com\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Sede electr\u00f3nica XUNTA GALICIA"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#website","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/","name":"Normativa Municipal","description":"Comentarios doctrinales","publisher":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization","name":"Normativa Municipal","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/logo-municipal-2-light-2.png","contentUrl":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/logo-municipal-2-light-2.png","width":1970,"height":221,"caption":"Normativa Municipal"},"image":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/logo\/image\/"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/person\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4","name":"admin","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g","caption":"admin"},"sameAs":["https:\/\/normativamunicipal.com"],"url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?author=1"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14405","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14405"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14405\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14405"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14405"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14405"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}