{"id":14612,"date":"2020-12-23T12:54:30","date_gmt":"2020-12-23T12:54:30","guid":{"rendered":"https:\/\/normativamunicipal.com\/uncategorized\/transporte-publico-galicia\/"},"modified":"2020-12-23T12:54:30","modified_gmt":"2020-12-23T12:54:30","slug":"transporte-publico-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612","title":{"rendered":"Transporte p\u00fablico GALICIA"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><strong>ORDE do 6 de maio de 2020 pola que se aproban medidas para aplicar nos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><!--more--><br \/>\nO 14 de marzo de 2020 entrou en vigor o Real decreto 463\/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xesti\u00f3n da situaci\u00f3n de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, no cal se estableceron medidas dirixidas a limitar a mobilidade da cidadan\u00eda e, ao mesmo tempo, a garantir a prestaci\u00f3n de servizos de transporte p\u00fablico que garantan a posibilidade de realizar desprazamentos vinculados \u00e1s actividades expresamente permitidas.<br \/>\nA vixencia do estado de alarma declarado polo devandito Real decreto 463\/2020, do 14 de marzo, foi prorrogada sucesivamente polo Real decreto 476\/2020, do 27 de marzo, o Real decreto 487\/2020, do 10 de abril, e o Real decreto 492\/2020, do 24 de abril.<br \/>\nAdicionalmente, o 13 de marzo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia n\u00ba 50-Bis o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 13 de marzo de 2020, polo que se declara a situaci\u00f3n de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e se activa o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga) no seu nivel IG (emerxencia de interese galego), como consecuencia da evoluci\u00f3n da epidemia do COVID-19.<br \/>\nEn consonancia coas medidas de restrici\u00f3n da mobilidade establecidas no Real decreto 463\/2020, do 14 de marzo, a Administraci\u00f3n auton\u00f3mica de Galicia, no exercicio das competencias que lle son propias, publicou no Diario Oficial de Galicia n\u00ba 52-Bis, do 16 de marzo de 2020, a Orde da Conseller\u00eda de Infraestruturas e Mobilidade do 15 de marzo de 2020 pola que se adoptan medidas de car\u00e1cter obrigatorio en relaci\u00f3n co COVID-19 no \u00e1mbito dos servizos de transporte p\u00fablico regular interurbano de viaxeiros.<br \/>\nEstando previsto, como consecuencia da mellora relativa da situaci\u00f3n de sa\u00fade p\u00fablica que se v\u00e9n manifestando nos \u00faltimos d\u00edas, un levantamento das restrici\u00f3ns \u00e1 mobilidade da cidadan\u00eda que implicaba o estado de alarma declarado polo Real decreto 463\/2020, do 14 de marzo, procede adaptar as medidas que se aplicar\u00e1n nos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade da Administraci\u00f3n xeral da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, tendo en conta que resulta necesario, en todo caso, o mantemento de determinadas medidas de seguridade, co fin de conter a propagaci\u00f3n da enfermidade.<br \/>\nNese sentido, o artigo 1 da Orde TMA\/230\/2020, do 15 de marzo, pola que se concreta a actuaci\u00f3n das autoridades auton\u00f3micas e locais respecto da fixaci\u00f3n de servizos de transporte p\u00fablico da s\u00faa titularidade, establece que cada autoridade auton\u00f3mica ou local competente poder\u00e1 fixar as porcentaxes de reduci\u00f3n dos servizos de transporte p\u00fablico da s\u00faa titularidade que coide convenientes, de acordo coa realidade das necesidades de mobilidade existentes nos seus territorios e a evoluci\u00f3n da situaci\u00f3n sanitaria, garantindo, en todo caso, que a cidadan\u00eda poida acceder aos seus postos de traballo e aos servizos b\u00e1sicos en caso necesario, e que esas autoridades poder\u00e1n, as\u00ed mesmo, establecer condici\u00f3ns espec\u00edficas de prestaci\u00f3n dos devanditos servizos.<br \/>\nNeste escenario de contenci\u00f3n e prevenci\u00f3n das consecuencias do COVID-19 \u00e9 preciso aprobar esta Orde que se adecua aos principios de boa regulaci\u00f3n. As\u00ed, consonte aos principios de necesidade e eficacia, son evidentes as raz\u00f3ns econ\u00f3micas e sociais que determinan a elaboraci\u00f3n desta norma para facer fronte aos efectos derivados da situaci\u00f3n creada pola pandemia do COVID-19.<br \/>\nTam\u00e9n resulta proporcional, ao comprender a regulaci\u00f3n necesaria para o mantemento de determinadas medidas de seguridade nos servizos de transporte p\u00fablico, co fin de conter a propagaci\u00f3n da enfermidade, ao tempo que se acompasa \u00e1 reactivaci\u00f3n dos diferentes sectores da econom\u00eda.<br \/>\nNo tocante ao principio de seguridade xur\u00eddica, a norma \u00e9 coherente co dereito da Uni\u00f3n Europea e co resto do ordenamento xur\u00eddico e facilita o seu co\u00f1ecemento e comprensi\u00f3n por parte dos cidad\u00e1ns, ao mesmo tempo que os tr\u00e1mites administrativos regulados son proporcionados e os necesarios para garantir a aplicaci\u00f3n das medidas reguladas.<br \/>\nE, finalmente, polo que se refire ao principio de transparencia, except\u00faase o tr\u00e1mite de audiencia e informaci\u00f3n p\u00fablica consonte o apartado 5 do artigo 42 da Lei 16\/2010, do 17 de decembro, de organizaci\u00f3n e funcionamento da administraci\u00f3n xeral e do sector p\u00fablico auton\u00f3mico, ao concorrer graves raz\u00f3ns de interese p\u00fablico derivadas da situaci\u00f3n creada polo COVID-19.<br \/>\nPolo exposto, no marco das competencias exclusivas que corresponden \u00e1 Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia en materia do transporte terrestre que se desenvolva integramente no seu territorio, ao abeiro do establecido no n\u00famero 8 do artigo 27 do Estatuto de autonom\u00eda de Galicia, aprobado pola Lei org\u00e1nica 1\/1981, do 6 de abril, e do transporte mar\u00edtimo levado a cabo entre portos ou puntos da Comunidade Aut\u00f3noma, ao abeiro do establecido na letra c) do artigo 2 da Lei org\u00e1nica 16\/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias \u00e1 Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia,<br \/>\nDISPO\u00d1O:<br \/>\nCAP\u00cdTULO I<br \/>\nDisposici\u00f3ns xerais<br \/>\nArtigo 1. Obxecto<br \/>\nEsta orde ten por obxecto regular as medidas que se adoptar\u00e1n nos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia para realizar unha transici\u00f3n paulatina ao levantamento das restrici\u00f3ns implantadas por causa do COVID-19.<br \/>\nArtigo 2. \u00c1mbito de aplicaci\u00f3n<br \/>\nO \u00e1mbito de aplicaci\u00f3n desta orde son os servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e, en particular, os servizos de transporte terrestre que se desenvolvan integramente no territorio galego e os de transporte mar\u00edtimo levado a cabo entre portos ou puntos da Comunidade Aut\u00f3noma.<br \/>\nArtigo 3. Reactivaci\u00f3n da actividade de transporte<br \/>\nCo obxecto de realizar unha transici\u00f3n paulatina ao levantamento das restrici\u00f3ns implantadas por causa do COVID-19, ser\u00e1 preciso avanzar nunha reactivaci\u00f3n paulatina da actividade de transporte, que se establecer\u00e1 en funci\u00f3n da evoluci\u00f3n epidemiol\u00f3xica en que se atopen as diferentes unidades territoriais nas cales, para tal fin, se divida a Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<br \/>\nArtigo 4. Servizos de transporte e horarios<br \/>\nPara os efectos desta orde, dist\u00ednguense os seguintes tipos de servizos de transporte e horarios:<br \/>\na) Servizos de transporte:<br \/>\n1\u00ba. Servizos de transporte que desenvolven a s\u00faa actividade dentro da mesma unidade territorial, segundo as defina a autoridade sanitaria.<br \/>\n2\u00ba. Servizos de transporte que desenvolven a s\u00faa actividade entre d\u00faas unidades territoriais diferentes, segundo as defina a autoridade sanitaria.<br \/>\nb) Horarios:<br \/>\n1\u00ba. Horarios punta: os que discorren, en d\u00edas laborais, entre as 06:00 e as 09:30 horas e entre as 13.00 e as 16.00 horas de cada d\u00eda.<br \/>\n2\u00ba. Horarios val: os que non se definan como horarios punta.<br \/>\nCAP\u00cdTULO II<br \/>\nMedidas para adoptar nos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros<br \/>\nSecci\u00f3n 1\u00aa. Medidas com\u00fans<br \/>\nArtigo 5. Medidas para adoptar en todos os servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia<br \/>\nEn todos os servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia adoptaranse as medidas indicadas nesta secci\u00f3n ata o momento en que a situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica permita o levantamento das restrici\u00f3ns implantadas por causa do COVID-19 nas unidades territoriais correspondentes.<br \/>\nArtigo 6. Medidas en relaci\u00f3n coas persoas viaxeiras<br \/>\n1. As persoas que presenten s\u00edntomas respiratorios ou que crean que te\u00f1en probabilidade de infecci\u00f3n deber\u00e1n absterse de empregar os servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros.<br \/>\n2. Desacons\u00e9llase o emprego dos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros por parte de persoas especialmente vulnerables \u00e1s infecci\u00f3ns respiratorias, ou con persoas destas caracter\u00edsticas no seu contorno pr\u00f3ximo.<br \/>\n3. Para acceder ao veh\u00edculo ou embarcaci\u00f3n, e mentres permanezan no seu interior, ser\u00e1 obrigatorio que as persoas viaxeiras empreguen m\u00e1scaras. \u00c9 recomendable o emprego de luvas por parte das persoas usuarias.<br \/>\n4. Durante as operaci\u00f3ns de acceso e sa\u00edda dos veh\u00edculos ou embarcaci\u00f3ns, na medida en que resulte materialmente posible, as persoas usuarias deber\u00e1n manter unha distancia f\u00edsica de, cando menos, dous metros (2 m) entre elas. Cando polo tama\u00f1o dos veh\u00edculos ou embarcaci\u00f3ns non sexa posible manter esta distancia co resto de persoas usuarias, asegurarase o maior espazo posible entre elas.<br \/>\n5. Nos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros, sempre que os medios tecnol\u00f3xicos dispo\u00f1ibles no veh\u00edculo ou embarcaci\u00f3n o permitan, ser\u00e1 recomendable que o pagamento se realice mediante a tarxeta do transporte metropolitano de Galicia (TMG), algunha das outras tarxetas adheridas ao sistema ou outros medios tecnol\u00f3xicos que eviten o contacto co persoal de conduci\u00f3n.<br \/>\n6. Instalaranse dispensadores de xeles hidroalcoh\u00f3licos \u00e1 disposici\u00f3n das persoas viaxeiras en todos os veh\u00edculos e embarcaci\u00f3ns, sendo recomendable o seu uso ao acceder e descender do veh\u00edculo ou embarcaci\u00f3n, e obrigatorio antes e despois de realizar o pagamento cando este se realice en met\u00e1lico.<br \/>\nArtigo 7. Medidas en relaci\u00f3n co persoal de conduci\u00f3n, acompa\u00f1ante ou doutro tipo<br \/>\n1. O persoal de conduci\u00f3n, acompa\u00f1ante, pilotaxe ou doutro tipo dispor\u00e1 dos equipamentos de protecci\u00f3n que se determinen segundo a avaliaci\u00f3n realizada polos servizos de prevenci\u00f3n de riscos laborais do operador do servizo. Ademais, recibir\u00e1 informaci\u00f3n, por parte do operador, sobre os riscos e as medidas de protecci\u00f3n adoptadas para mitigalos, segundo o indicado na lexislaci\u00f3n de prevenci\u00f3n de riscos laborais.<br \/>\n2. O persoal de conduci\u00f3n, acompa\u00f1ante, pilotaxe ou doutro tipo recibir\u00e1 informaci\u00f3n sobre as medidas que deben adoptar as persoas viaxeiras, de tal xeito que lles permita informalas e orientalas de xeito adecuado.<br \/>\n3. Ser\u00e1 obrigatorio, en todo caso, o emprego de m\u00e1scaras por parte do persoal de conduci\u00f3n, acompa\u00f1ante, pilotaxe ou doutro tipo.<br \/>\n4. Deber\u00e1 respectarse, ademais, o resto das instruci\u00f3ns e recomendaci\u00f3ns que, en materia de hixiene, sa\u00fade p\u00fablica e seguridade no traballo establezan as autoridades competentes e, en concreto, o Ministerio de Sanidade e a Conseller\u00eda de Sanidade.<br \/>\nArtigo 8. Medidas en relaci\u00f3n aos veh\u00edculos e embarcaci\u00f3ns.<br \/>\n1. Os veh\u00edculos e embarcaci\u00f3ns limparanse ao longo do d\u00eda, sendo recomendable que esa limpeza se realice cada cambio de quenda, e limparanse e desinfectaranse completamente, cando menos, unha vez ao d\u00eda. Ademais, sempre que sexa posible, manteranse ventilados de xeito natural.<br \/>\n2. Nos veh\u00edculos e embarcaci\u00f3ns disporanse elementos de sinalizaci\u00f3n e\/ou transmisi\u00f3n de informaci\u00f3n a modo de recordatorio das prohibici\u00f3ns, obrigas e recomendaci\u00f3ns en materia de hixiene por parte das persoas usuarias, as\u00ed como dos riscos asociados ao seu incumprimento.<br \/>\n3. Recom\u00e9ndase a instalaci\u00f3n de anteparos ou pantallas transparentes que separen o posto de conduci\u00f3n ou pilotaxe do espazo empregado polas persoas usuarias.<br \/>\n4. En relaci\u00f3n coa capacidade dos veh\u00edculos e embarcaci\u00f3ns, ad\u00f3ptanse as seguintes medidas:<br \/>\na) Reducirase a ocupaci\u00f3n dos veh\u00edculos e embarcaci\u00f3ns \u00e1 metade (1\/2) da s\u00faa capacidade m\u00e1xima.<br \/>\nb) No caso de veh\u00edculos e embarcaci\u00f3ns que dispo\u00f1an de asentos, garantirase que non se ocupen asentos contiguos, ag\u00e1s no caso de persoas que convivan na mesma unidade familiar ou habitacional. Ademais, impedirase a ocupaci\u00f3n da primeira fila inmediatamente detr\u00e1s do posto de conduci\u00f3n.<br \/>\nc) Nos veh\u00edculos e embarcaci\u00f3ns con prazas de p\u00e9, as persoas que as ocupen manter\u00e1n o distanciamento f\u00edsico, con respecto ao resto de persoas usuarias, que permita que a densidade se mante\u00f1a en valores inferiores a d\u00faas persoas por metro cadrado (2 persoas m2).<br \/>\nArtigo 9. Medidas en relaci\u00f3n coas infraestruturas de transporte<br \/>\n1. Nas estaci\u00f3ns de transporte de viaxeiros, e nas principais paradas, disporanse elementos de sinalizaci\u00f3n que permitan o mantemento dunha distancia f\u00edsica de, cando menos, dous metros (2 m) entre as persoas usuarias.<br \/>\n2. Disporanse elementos de sinalizaci\u00f3n e\/ou transmisi\u00f3n de informaci\u00f3n a modo de recordatorio das prohibici\u00f3ns, obrigas e recomendaci\u00f3ns en materia de hixiene por parte das persoas usuarias, as\u00ed como dos riscos asociados ao seu incumprimento.<br \/>\nSecci\u00f3n 2\u00aa. Medidas espec\u00edficas<br \/>\nArtigo 10. Medidas para adoptar nos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia sometidos a contrato p\u00fablico ou a obrigas de servizo p\u00fablico<br \/>\nAdemais das medidas com\u00fans previstas na secci\u00f3n anterior, nos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia que est\u00e1n sometidos a contrato p\u00fablico ou a obrigas de servizo p\u00fablico adoptaranse as medidas indicadas nesta secci\u00f3n, nas unidades territoriais correspondentes, ata o momento en que a situaci\u00f3n epidemiol\u00f3xica permita o levantamento das restrici\u00f3ns implantadas por causa do COVID-19 nas unidades territoriais correspondentes.<br \/>\nArtigo 11. Medidas en relaci\u00f3n co volume da oferta de servizos<br \/>\n1. O volume da oferta dos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia que est\u00e1n sometidos a contrato p\u00fablico ou a obrigas de servizo p\u00fablico establecerase segundo as seguintes regras:<br \/>\na) No caso de servizos de transporte que desenvolven a s\u00faa actividade dentro da mesma unidade territorial, prestarase un volume da oferta de servizos equivalente a un m\u00ednimo do oitenta por cento (80%) en horarios punta e dun cincuenta por cento (50%) en horarios val, con respecto ao volume previsto segundo as condici\u00f3ns ordinarias de prestaci\u00f3n do servizo e, en concreto, segundo as condici\u00f3ns das concesi\u00f3ns e\/ou contratos vixentes.<br \/>\nb) No caso de servizos de transporte que desenvolven a s\u00faa actividade entre d\u00faas unidades territoriais diferentes, reducirase o volume da oferta de servizos nun m\u00ednimo do cincuenta por cento (50%) con respecto ao volume previsto segundo as condici\u00f3ns ordinarias de prestaci\u00f3n do servizo e, en concreto, segundo as condici\u00f3ns das concesi\u00f3ns e\/ou contratos vixentes.<br \/>\nNo caso dos servizos que se atopen nesta situaci\u00f3n, os seus operadores adaptar\u00e1n a s\u00faa oferta de servizos, de tal xeito que se garanta \u00e1 cidadan\u00eda o acceso aos principais servizos b\u00e1sicos e centros de traballo.<br \/>\n2. Os operadores dos servizos poder\u00e1n propo\u00f1er, cando sexa posible, intensificar a oferta de servizos nas franxas horarias de maior demanda, coa finalidade de mitigar o efecto das restrici\u00f3ns da capacidade m\u00e1xima dos veh\u00edculos.<br \/>\n3. As referencias que se establecen neste artigo aos servizos de transporte ent\u00e9ndense feitas ao conxunto das expedici\u00f3ns das diferentes rutas que integren a correspondente concesi\u00f3n de transporte p\u00fablico, segundo desenvolvan a s\u00faa actividade dentro da mesma unidade territorial ou entre d\u00faas unidades territoriais diferentes.<br \/>\n4. Os operadores dos servizos de transporte dar\u00e1n publicidade aos cambios que se introduzan, en cada momento, na oferta de servizos como resultado da aplicaci\u00f3n das regras establecidas nesta orde. Igualmente, remitir\u00e1n a informaci\u00f3n da oferta de servizos ao conxunto de estaci\u00f3ns de transporte de viaxeiros en que te\u00f1an parada.<br \/>\n5. Sen prexu\u00edzo do indicado nesta secci\u00f3n, e coa finalidade de garantir a acomodaci\u00f3n da oferta de transporte \u00e1s necesidades esenciais da poboaci\u00f3n, a Direcci\u00f3n Xeral de Mobilidade poder\u00e1 resolver, en calquera momento, tanto sobre a reposici\u00f3n de servizos como sobre horarios de obrigado cumprimento por parte dos operadores dos servizos de transporte.<br \/>\nAs ditas resoluci\u00f3ns, que poder\u00e1n ser ditadas sen necesidade de procedemento administrativo previo ning\u00fan, resultar\u00e1n inmediatamente executivas.<br \/>\nArtigo 12. Outras medidas en relaci\u00f3n coa oferta de servizos<br \/>\n1. No caso dos servizos de transporte p\u00fablico regular de viaxeiros por estrada, a implantaci\u00f3n do calendario lectivo realizarase a medida que se reinicie a propia actividade docente ou lectiva, segundo o calendario que, para tal efecto, estableza a Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n, Universidade e Formaci\u00f3n Profesional. Ata ese momento, os servizos prestaranse, se for o caso, segundo o calendario non lectivo.<br \/>\n2. Os operadores, de ser necesario, adecuar\u00e1n a oferta dos seus respectivos servizos ao r\u00e9xime correspondente aos seus contratos, atendendo aos criterios indicados nesta orde.<br \/>\n3. O r\u00e9xime de explotaci\u00f3n dos servizos ser\u00e1 comunicado \u00e1 Direcci\u00f3n Xeral de Mobilidade, empregando exclusivamente medios electr\u00f3nicos e anexando unha declaraci\u00f3n responsable en que a persoa que te\u00f1a a representaci\u00f3n legal do operador manifeste expresamente que a dita explotaci\u00f3n se adapta plenamente aos criterios establecidos nesta orde. No caso de que, atendendo ao previsto nesta orde, a oferta de servizos non deba sufrir variaci\u00f3n, no momento da s\u00faa entrada en vigor, respecto da que ve\u00f1a prestando o operador con base na Orde da Conseller\u00eda de Infraestruturas e Mobilidade do 15 de marzo de 2020, non ser\u00e1 precisa a remisi\u00f3n da comunicaci\u00f3n anteriormente indicada.<br \/>\n4. A dita comunicaci\u00f3n cursarase no prazo m\u00e1ximo de vinte e catro horas desde a entrada en vigor desta orde. Non obstante, cando por raz\u00f3ns t\u00e9cnicas ou operativas, non resulte viable a aplicaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n do r\u00e9xime establecido para a explotaci\u00f3n do servizo no prazo sinalado, efectuarase o axuste no prazo m\u00e1is r\u00e1pido posible, que non poder\u00e1 durar m\u00e1is de cinco (5) d\u00edas naturais. Con posterioridade a estas datas, os operadores que te\u00f1an realizado o axuste da oferta de servizos por mor da situaci\u00f3n de crise sanitaria poder\u00e1n introducir novas adaptaci\u00f3ns nela, para o que deber\u00e1n realizar unha nova comunicaci\u00f3n \u00e1 Administraci\u00f3n, na mesma forma e contido que o indicado anteriormente, garantindo, en todo caso, a informaci\u00f3n \u00e1s persoas usuarias.<br \/>\n5. As comunicaci\u00f3ns realizadas consonte o anterior ser\u00e1n inmediatamente executivas.<br \/>\nDisposici\u00f3n adicional \u00fanica. Servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade municipal<br \/>\nSen prexu\u00edzo das normas de obrigado cumprimento que sobre a materia dite a Administraci\u00f3n xeral do Estado, as normas referidas aos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros que se ditan nesta orde ter\u00e1n car\u00e1cter de recomendaci\u00f3n para as administraci\u00f3ns locais, en relaci\u00f3n cos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade municipal.<br \/>\nDisposici\u00f3n derrogatoria \u00fanica. Cl\u00e1usula derrogatoria<br \/>\nQueda derrogada a Orde da Conseller\u00eda de Infraestruturas e Mobilidade do 15 de marzo de 2020 pola que se adoptan medidas de car\u00e1cter obrigatorio en relaci\u00f3n co COVID-19 no \u00e1mbito dos servizos de transporte p\u00fablico regular interurbano de viaxeiros. Sen prexu\u00edzo desta derrogaci\u00f3n, os prestatarios de servizos poder\u00e1n manter a oferta de servizos comunicada con base na dita orde no prazo previsto para a realizaci\u00f3n da comunicaci\u00f3n que se establece no artigo 12.<br \/>\nDisposici\u00f3n derradeira primeira. Habilitaci\u00f3n para o desenvolvemento normativo<br \/>\nHabilitase a Direcci\u00f3n Xeral de Mobilidade para interpretar esta orde e para resolver sobre a modificaci\u00f3n e, en particular, flexibilizaci\u00f3n ou levantamento das medidas, restrici\u00f3ns e par\u00e1metros indicados nesta orde, en funci\u00f3n da evoluci\u00f3n epidemiol\u00f3xica, coa finalidade de garantir a acomodaci\u00f3n da oferta de transporte \u00e1s necesidades esenciais da poboaci\u00f3n.<br \/>\nAs resoluci\u00f3ns a que se refire esta disposici\u00f3n, que poder\u00e1n ser ditadas sen necesidade de ning\u00fan procedemento administrativo previo, resultar\u00e1n inmediatamente executivas.<br \/>\nDisposici\u00f3n derradeira segunda. T\u00edtulo competencial<br \/>\nEsta orde d\u00edtase ao abeiro do disposto no artigo 148.1.5\u00ba da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola, que establece que as comunidades aut\u00f3nomas poden asumir competencias en materia de transporte por ferrocarr\u00eds, estradas ou cable cuxo itinerario se desenvolva integramente no territorio da Comunidade Aut\u00f3noma, do n\u00famero 8 do artigo 27 do Estatuto de autonom\u00eda de Galicia, aprobado pola Lei org\u00e1nica 1\/1981, do 6 de abril, que reserva \u00e1 Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia a competencia exclusiva en materia de transporte terrestre que se desenvolva integramente no seu territorio, e da letra c) do artigo 2 da Lei org\u00e1nica 16\/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias \u00e1 Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, pola que se lle transfire a competencia exclusiva en materia de transporte mar\u00edtimo levado a cabo entre portos ou puntos da Comunidade Aut\u00f3noma.<br \/>\nDisposici\u00f3n derradeira terceira. Entrada en vigor<br \/>\nEsta orde entrar\u00e1 en vigor o d\u00eda 11 de maio de 2020.<br \/>\nSantiago de Compostela, 6 de maio de 2020<br \/>\nEthel M\u00aa V\u00e1zquez Mourelle<br \/>\nConselleira de Infraestruturas e Mobilidade<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ORDE do 6 de maio de 2020 pola que se aproban medidas para aplicar nos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[4],"tags":[2502],"class_list":["post-14612","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-novedades-normativas","tag-galiciatransporte-publico"],"acf":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.6 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Transporte p\u00fablico GALICIA - Normativa Municipal<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Transporte p\u00fablico GALICIA - Normativa Municipal\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"ORDE do 6 de maio de 2020 pola que se aproban medidas para aplicar nos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Normativa Municipal\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2020-12-23T12:54:30+00:00\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"admin\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"admin\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"17 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14612#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14612\"},\"author\":{\"name\":\"admin\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4\"},\"headline\":\"Transporte p\u00fablico GALICIA\",\"datePublished\":\"2020-12-23T12:54:30+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14612\"},\"wordCount\":3393,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\"},\"keywords\":[\"Galicia|Transporte p\u00fablico\"],\"articleSection\":[\"Novedades Normativas\"],\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14612#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14612\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14612\",\"name\":\"Transporte p\u00fablico GALICIA - Normativa Municipal\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#website\"},\"datePublished\":\"2020-12-23T12:54:30+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14612#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14612\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14612#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Transporte p\u00fablico GALICIA\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\",\"name\":\"Normativa Municipal\",\"description\":\"Comentarios doctrinales\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\",\"name\":\"Normativa Municipal\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/02\\\/logo-municipal-2-light-2.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/02\\\/logo-municipal-2-light-2.png\",\"width\":1970,\"height\":221,\"caption\":\"Normativa Municipal\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4\",\"name\":\"admin\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"admin\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?author=1\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Transporte p\u00fablico GALICIA - Normativa Municipal","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"Transporte p\u00fablico GALICIA - Normativa Municipal","og_description":"ORDE do 6 de maio de 2020 pola que se aproban medidas para aplicar nos servizos de transporte p\u00fablico de viaxeiros de titularidade da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.","og_url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612","og_site_name":"Normativa Municipal","article_published_time":"2020-12-23T12:54:30+00:00","author":"admin","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"admin","Tiempo de lectura":"17 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612"},"author":{"name":"admin","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/person\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4"},"headline":"Transporte p\u00fablico GALICIA","datePublished":"2020-12-23T12:54:30+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612"},"wordCount":3393,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization"},"keywords":["Galicia|Transporte p\u00fablico"],"articleSection":["Novedades Normativas"],"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612","name":"Transporte p\u00fablico GALICIA - Normativa Municipal","isPartOf":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#website"},"datePublished":"2020-12-23T12:54:30+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14612#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/normativamunicipal.com\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Transporte p\u00fablico GALICIA"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#website","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/","name":"Normativa Municipal","description":"Comentarios doctrinales","publisher":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization","name":"Normativa Municipal","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/logo-municipal-2-light-2.png","contentUrl":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/logo-municipal-2-light-2.png","width":1970,"height":221,"caption":"Normativa Municipal"},"image":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/logo\/image\/"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/person\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4","name":"admin","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g","caption":"admin"},"sameAs":["https:\/\/normativamunicipal.com"],"url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?author=1"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14612","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14612"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14612\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14612"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14612"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14612"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}