{"id":14750,"date":"2020-12-23T12:55:20","date_gmt":"2020-12-23T12:55:20","guid":{"rendered":"https:\/\/normativamunicipal.com\/uncategorized\/espectaculos-publicos-galicia-2\/"},"modified":"2020-12-24T11:25:19","modified_gmt":"2020-12-24T11:25:19","slug":"espectaculos-publicos-galicia-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750","title":{"rendered":"Espect\u00e1culos p\u00fablicos GALICIA"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><strong>DECRETO 98\/2020, do 2 de xullo, polo que se regula o procedemento de autorizaci\u00f3n da celebraci\u00f3n de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas que se desenvolvan en m\u00e1is dun termo municipal da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><!--more--><br \/>\nA Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia ten competencia exclusiva en materia de espect\u00e1culos p\u00fablicos, consonte o establecido na Lei org\u00e1nica 16\/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias de titularidade estatal \u00e1 Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, que mant\u00e9n a reserva para o Estado das competencias relativas \u00e1 seguridade p\u00fablica e a facultade de ditar normas que regulen os espect\u00e1culos taurinos. A materia de espect\u00e1culos p\u00fablicos abrangue as actividades recreativas, tal e como sinalou o Tribunal Constitucional no Auto 46\/2001, do 27 de febreiro.<br \/>\nPara o pleno exercicio desta competencia, o Real decreto 1640\/1996, do 5 de xullo, de traspaso de funci\u00f3ns e servizos da Administraci\u00f3n do Estado a Galicia en materia de espect\u00e1culos p\u00fablicos, regulou o devandito traspaso e, mediante o Decreto 336\/1996, do 13 de setembro, de asunci\u00f3n e asignaci\u00f3n de funci\u00f3ns e servizos transferidos, asum\u00edronse esas funci\u00f3ns e servizos.<br \/>\nCon base na devandita atribuci\u00f3n competencial, promulgouse a Lei 10\/2017, do 27 de decembro, de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas de Galicia. O artigo 4.a) desta norma legal establece que lle corresponde \u00e1 conseller\u00eda competente en materia de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas autorizar a celebraci\u00f3n dos espect\u00e1culos p\u00fablicos e das actividades recreativas que se desenvolvan en m\u00e1is dun termo municipal da Comunidade Aut\u00f3noma, conforme o procedemento que deber\u00e1 ser aprobado no prazo m\u00e1ximo dun ano desde a entrada en vigor da lei.<br \/>\nAs\u00ed mesmo, no marco xur\u00eddico desta norma, c\u00f3mpre facer unha menci\u00f3n expresa \u00e1 Lei 9\/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade econ\u00f3mica de Galicia, as\u00ed como ao Decreto 124\/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Cat\u00e1logo de espect\u00e1culos p\u00fablicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao p\u00fablico da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e se establecen determinadas disposici\u00f3ns na materia, dada a s\u00faa \u00edntima conexi\u00f3n co obxecto do decreto.<br \/>\nO texto do proxecto de decreto polo que se determina o procedemento para autorizar a celebraci\u00f3n dos espect\u00e1culos p\u00fablicos e das actividades recreativas que se desenvolvan en m\u00e1is dun termo municipal da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia foi sometido \u00e1 informaci\u00f3n p\u00fablica mediante a s\u00faa publicaci\u00f3n no portal de transparencia e goberno aberto da Xunta de Galicia. As\u00ed mesmo, solicit\u00e1ronse os informes sectoriais necesarios e d\u00e9uselle audiencia aos sectores m\u00e1is representativos. De conformidade co artigo 10.2 da Lei 10\/2017, do 27 de decembro, en relaci\u00f3n co artigo 4.1.a) do Decreto 82\/2018, do 2 de agosto, polo que se regula a Comisi\u00f3n de Espect\u00e1culos P\u00fablicos e Actividades Recreativas de Galicia, deuse tr\u00e1mite de audiencia a tal comisi\u00f3n, que emitiu, por unanimidade dos seus membros, o seu parecer favorable, na reuni\u00f3n do 9 de decembro de 2019.<br \/>\nEste decreto ten por obxecto establecer, no marco do desenvolvemento normativo da Lei 10\/2017, do 27 de decembro, unha regulaci\u00f3n do procedemento para autorizar a celebraci\u00f3n dos espect\u00e1culos p\u00fablicos e das actividades recreativas que se desenvolvan en m\u00e1is dun termo municipal da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<br \/>\nO decreto consta de quince artigos, d\u00faas disposici\u00f3ns adicionais e d\u00faas disposici\u00f3ns derradeiras. Os tres primeiros artigos regulan o obxecto e o \u00e1mbito de aplicaci\u00f3n do regulamento, recollen as exclusi\u00f3ns e establecen as definici\u00f3ns dos conceptos esenciais a que far\u00e1 referencia o texto da norma. Nos artigos 4 e 5 determ\u00ednanse o r\u00e9xime das autorizaci\u00f3ns previstas no decreto as\u00ed como os \u00f3rganos competentes para outorgalas. Os artigos 6, 7, 8, 9 e 10 regulan polo mi\u00fado o procedemento para autorizar os espect\u00e1culos p\u00fablicos e as actividades recreativas, segundo te\u00f1an car\u00e1cter competitivo ou non competitivo e con especial menci\u00f3n \u00e1 normativa espec\u00edfica de aplicaci\u00f3n aos eventos que discorran por v\u00edas p\u00fablicas e terreos comprendidos na regulaci\u00f3n de tr\u00e1fico, circulaci\u00f3n de veh\u00edculos de motor e seguridade viaria e \u00e1 informaci\u00f3n b\u00e1sica de protecci\u00f3n de datos. Finalmente, os artigos 11, 12, 13, 14 e 15 fan referencia, respectivamente, \u00e1 comprobaci\u00f3n de datos, aos servizos sanitarios, \u00e1s instalaci\u00f3ns port\u00e1tiles ou desmontables, ao r\u00e9xime sancionador e \u00e1 notificaci\u00f3n electr\u00f3nica.<br \/>\nPolo que atinxe \u00e1 parte final do decreto, a disposici\u00f3n adicional primeira fai referencia \u00e1 posible aplicaci\u00f3n supletoria desta norma polos concellos que non dispo\u00f1an de ordenanza espec\u00edfica nesta materia, a disposici\u00f3n adicional segunda fai alusi\u00f3n \u00e1 actualizaci\u00f3n dos modelos normalizados e as d\u00faas disposici\u00f3ns derradeiras fan referencia, respectivamente, \u00e1 habilitaci\u00f3n normativa e \u00e1 entrada en vigor do decreto.<br \/>\nNa elaboraci\u00f3n desta disposici\u00f3n observ\u00e1ronse os tr\u00e1mites previstos na Lei 16\/2010, do 17 de decembro, de organizaci\u00f3n e funcionamento da Administraci\u00f3n xeral e do sector p\u00fablico auton\u00f3mico de Galicia, e na restante normativa de obrigado cumprimento, entre os cales cabe destacar a publicaci\u00f3n do texto, para alegaci\u00f3ns, no portal de transparencia e goberno aberto, as\u00ed como o tr\u00e1mite de audiencia aos sectores afectados.<br \/>\nFinalmente, e de conformidade con todo o exposto anteriormente, c\u00f3mpre destacar que, coa aprobaci\u00f3n deste decreto, se d\u00e1 pleno cumprimento aos principios de necesidade, eficacia, proporcionalidade, seguridade xur\u00eddica, transparencia e eficiencia que constit\u00faen os principios de boa regulaci\u00f3n establecidos no artigo 129 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo com\u00fan das administraci\u00f3ns p\u00fablicas.<br \/>\nNa s\u00faa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administraci\u00f3ns P\u00fablicas e Xustiza, no exercicio da facultade outorgada polo artigo 34.5 da Lei 1\/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da s\u00faa Presidencia, de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberaci\u00f3n do Consello da Xunta de Galicia na s\u00faa reuni\u00f3n do d\u00eda dous de xullo de dous mil vinte,<br \/>\nDISPO\u00d1O:<br \/>\nArtigo 1. Obxecto<br \/>\nEste decreto ten por obxecto regular o procedemento para autorizar a celebraci\u00f3n dos espect\u00e1culos p\u00fablicos e das actividades recreativas recollidos no Decreto 124\/2019, do 5 de setembro, polo que se aproba o Cat\u00e1logo de espect\u00e1culos p\u00fablicos, actividades recreativas e establecementos abertos ao p\u00fablico da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e se establecen determinadas disposici\u00f3ns xerais de aplicaci\u00f3n na materia, e sempre que se desenvolvan en m\u00e1is dun termo municipal da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 4.a) da Lei 10\/2017, do 27 de decembro, de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas de Galicia. O c\u00f3digo do procedemento para a s\u00faa identificaci\u00f3n na sede electr\u00f3nica \u00e9 PR477A.<br \/>\nArtigo 2. \u00c1mbito de aplicaci\u00f3n<br \/>\n1. Este decreto ser\u00e1 de aplicaci\u00f3n a todo tipo de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas inclu\u00eddos no \u00e1mbito de aplicaci\u00f3n da Lei 10\/2017, do 27 de decembro, que se desenvolvan en m\u00e1is dun termo municipal da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<br \/>\n2. Para os efectos do disposto no artigo 2.2 da Lei 10\/2017, do 27 de decembro, ter\u00e1n a consideraci\u00f3n de actos e celebraci\u00f3ns de car\u00e1cter privado ou familiar:<br \/>\na) As excursi\u00f3ns, andainas, rutas de sendeirismo ou actividades semellantes organizadas polos centros educativos para o seu alumnado.<br \/>\nb) As peregrinaci\u00f3ns organizadas por entidades ou asociaci\u00f3ns de car\u00e1cter social, cultural ou relixioso para as persoas membros delas.<br \/>\nc) As actividades de car\u00e1cter deportivo, tur\u00edstico ou cultural organizadas por entidades ou colectivos con car\u00e1cter exclusivo para as persoas membros delas e con menos de 50 participantes.<br \/>\nArtigo 3. Definici\u00f3ns<br \/>\nPara os efectos deste decreto, entenderase por:<br \/>\na) Espect\u00e1culos p\u00fablicos: as representaci\u00f3ns, exhibici\u00f3ns, actuaci\u00f3ns, proxecci\u00f3ns, competici\u00f3ns ou audici\u00f3ns de concorrencia p\u00fablica de car\u00e1cter art\u00edstico, cultural, deportivo ou an\u00e1logo.<br \/>\nb) Actividades recreativas: aquelas que ofrecen ao p\u00fablico, persoas espectadoras ou participantes actividades, produtos ou servizos con fins de recreo, entretemento ou lecer.<br \/>\nc) Espazos abertos ao p\u00fablico: lugares de titularidade p\u00fablica, inclu\u00edda a v\u00eda p\u00fablica, ou de propiedade privada, onde ocasionalmente se levan a cabo espect\u00e1culos p\u00fablicos ou actividades recreativas e que non dispo\u00f1en de infraestruturas nin instalaci\u00f3ns fixas para facelo.<br \/>\nd) Probas deportivas: toda actividade cuxo obxecto sexa competir en espazo ou tempo por v\u00edas ou terreos p\u00fablicos, de uso com\u00fan ou privados, que sexan utilizados por unha colectividade indeterminada de persoas usuarias, tanto urbanos como interurbanos.<br \/>\ne) Marchas ciclistas organizadas: toda actividade que non poida ser cualificada de proba deportiva e estea concibida como un exercicio f\u00edsico con fins deportivos, tur\u00edsticos ou culturais e nas cales participen m\u00e1is de 50 ciclistas.<br \/>\nf) Eventos con veh\u00edculos cl\u00e1sicos: aqueles en que participan veh\u00edculos cualificados regulamentariamente como hist\u00f3ricos ou con m\u00e1is de 25 anos de antig\u00fcidade en n\u00famero superior a 10, nos cales se estableza unha clasificaci\u00f3n por velocidade ou regularidade non superior a 50 km\/h de media, as\u00ed como a s\u00faa participaci\u00f3n en acontecementos ou manifestaci\u00f3ns tur\u00edsticas, concentraci\u00f3ns, concursos de conservaci\u00f3n ou elegancia e, en xeral, calquera clase de evento en que non se estableza clasificaci\u00f3n ningunha sobre a base do movemento dos veh\u00edculos, xa sexa en funci\u00f3n da s\u00faa velocidade ou da regularidade.<br \/>\ng) Organizadores\/as: persoas f\u00edsicas ou xur\u00eddicas, p\u00fablicas ou privadas, que, con \u00e1nimo de lucro ou sen el, son responsables da organizaci\u00f3n, produci\u00f3n ou promoci\u00f3n de espect\u00e1culos p\u00fablicos ou actividades recreativas.<br \/>\nArtigo 4. \u00d3rganos competentes<br \/>\nSon \u00f3rganos competentes para outorgar as autorizaci\u00f3ns previstas neste decreto:<br \/>\na) A persoa titular da direcci\u00f3n xeral competente en materia de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas, cando se trate de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas que se desenvolvan en m\u00e1is dunha provincia da Comunidade Aut\u00f3noma.<br \/>\nb) A persoa titular da xefatura territorial correspondente da conseller\u00eda competente en materia de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas, cando se trate de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas que se desenvolvan no \u00e1mbito territorial da respectiva provincia.<br \/>\nArtigo 5. R\u00e9xime de autorizaci\u00f3ns<br \/>\n1. Nas autorizaci\u00f3ns dos espect\u00e1culos p\u00fablicos e das actividades recreativas que se desenvolvan en m\u00e1is dun termo municipal da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia faranse constar, como m\u00ednimo, os seguintes estremos:<br \/>\na) Os datos da persoa, f\u00edsica ou xur\u00eddica, organizadora do espect\u00e1culo p\u00fablico ou da actividade recreativa.<br \/>\nb) A descrici\u00f3n do espect\u00e1culo p\u00fablico ou da actividade recreativa que se vai celebrar.<br \/>\nc) O horario de inicio e finalizaci\u00f3n do espect\u00e1culo p\u00fablico ou da actividade recreativa.<br \/>\nd) A idade de admisi\u00f3n ao espect\u00e1culo p\u00fablico ou \u00e1 actividade recreativa, de conformidade coa normativa vixente.<br \/>\ne) A relaci\u00f3n de toda a documentaci\u00f3n achegada pola persoa organizadora.<br \/>\nf) As condici\u00f3ns especificadas nos distintos informes sectoriais existentes ou a remisi\u00f3n expresa a estes.<br \/>\n2. Non se outorgar\u00e1 ningunha autorizaci\u00f3n sen a acreditaci\u00f3n documental previa de que a persoa organizadora ten subscrito e vixente o contrato de seguro de responsabilidade civil, de conformidade co disposto na Lei 10\/2017, do 27 de decembro.<br \/>\n3. Calquera modificaci\u00f3n substancial das condici\u00f3ns do espect\u00e1culo p\u00fablico ou actividade recreativa requirir\u00e1 a correspondente autorizaci\u00f3n. Para estes efectos, ter\u00e1n a consideraci\u00f3n de modificaci\u00f3n substancial os cambios na tipolox\u00eda do espect\u00e1culo p\u00fablico ou da actividade recreativa, as\u00ed como nas datas, no horario, no itinerario e nas medidas de seguridade ou sanitarias.<br \/>\nArtigo 6. Forma, lugar e prazo de presentaci\u00f3n das solicitudes<br \/>\n1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por v\u00eda electr\u00f3nica a trav\u00e9s do formulario normalizado (anexo I) que figura como anexo a este decreto e que estar\u00e1 dispo\u00f1ible na sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia https:\/\/sede.xunta.gal. A persoa organizadora do espect\u00e1culo p\u00fablico ou da actividade recreativa deber\u00e1 solicitar a autorizaci\u00f3n do \u00f3rgano competente, cunha antelaci\u00f3n m\u00ednima de 30 d\u00edas da data prevista para a s\u00faa celebraci\u00f3n.<br \/>\n2. A presentaci\u00f3n electr\u00f3nica ser\u00e1 obrigatoria para as administraci\u00f3ns p\u00fablicas, as persoas xur\u00eddicas, as entidades sen personalidade xur\u00eddica e as persoas representantes dunha das anteriores.<br \/>\nDe conformidade co disposto no n\u00famero 4 do artigo 68 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, se alg\u00fan dos suxeitos a que fai referencia o artigo 14.2 e 14.3 presenta a s\u00faa solicitude presencialmente, as administraci\u00f3ns p\u00fablicas requirir\u00e1n o interesado para que a emende, a trav\u00e9s da s\u00faa presentaci\u00f3n electr\u00f3nica. Para estes efectos, considerarase como data de presentaci\u00f3n da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.<br \/>\nPara a presentaci\u00f3n das solicitudes poder\u00e1 empregarse calquera dos mecanismos de identificaci\u00f3n e sinatura admitidos pola sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia, inclu\u00eddo o sistema de usuario e clave Chave365 (https:sede.xunta.gal\/tramites-e-servizos\/chave365).<br \/>\n3. Aquelas persoas organizadoras non obrigadas \u00e1 presentaci\u00f3n electr\u00f3nica, opcionalmente, poder\u00e1n presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo com\u00fan e nas oficinas de asistencia en materia de rexistros das administraci\u00f3ns p\u00fablicas, utilizando o formulario normalizado dispo\u00f1ible na sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia.<br \/>\nArtigo 7. Informaci\u00f3n b\u00e1sica sobre a protecci\u00f3n de datos persoais<br \/>\nOs datos persoais recollidos neste procedemento ser\u00e1n tratados na s\u00faa condici\u00f3n de responsable pola conseller\u00eda competente en materia de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas, coas finalidades de levar a cabo a tramitaci\u00f3n administrativa que derive da xesti\u00f3n deste procedemento e a actualizaci\u00f3n da informaci\u00f3n e dos contidos da Carpeta do cidad\u00e1.<br \/>\nO tratamento dos datos bas\u00e9ase no cumprimento dunha misi\u00f3n de interese p\u00fablico ou no exercicio de poderes p\u00fablicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento inclu\u00edda na Gu\u00eda de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https:\/\/www.xunta.gal\/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poder\u00e1n fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, esta circunstancia reflectirase no devandito formulario.<br \/>\nOs datos ser\u00e1n comunicados \u00e1s administraci\u00f3ns p\u00fablicas no exercicio das s\u00faas competencias, cando sexa necesario para a tramitaci\u00f3n e resoluci\u00f3n dos seus procedementos ou para que a cidadan\u00eda poida acceder de forma integral \u00e1 informaci\u00f3n relativa a unha materia. Co fin de dar a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas ser\u00e1n publicados a trav\u00e9s dos distintos medios de comunicaci\u00f3n institucionais de que disp\u00f3n a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, p\u00e1xinas web ou taboleiros de anuncios.<br \/>\nAs persoas interesadas poder\u00e1n solicitar o acceso, rectificaci\u00f3n, limitaci\u00f3n, portabilidade e supresi\u00f3n dos seus datos, a trav\u00e9s da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo com\u00fan segundo se recolle en https:\/\/www.xunta.gal\/exercicio-de-dereitos, e dispor\u00e1n de informaci\u00f3n adicional en https:\/\/www.xunta.gal\/informaci\u00f3n-xeral-proteccion-datos<br \/>\nArtigo 8. Documentaci\u00f3n necesaria para a tramitaci\u00f3n das autorizaci\u00f3ns de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas de car\u00e1cter non competitivo<br \/>\n1. As persoas organizadoras deber\u00e1n achegar coa solicitude a seguinte documentaci\u00f3n:<br \/>\na) A memoria co seguinte contido m\u00ednimo:<br \/>\n\u2013 Os planos do percorrido, a relaci\u00f3n detallada de municipios polos que discorre e as v\u00edas afectadas.<br \/>\n\u2013 A descrici\u00f3n do espect\u00e1culo p\u00fablico ou da actividade recreativa que se vai celebrar.<br \/>\n\u2013 O horario de inicio e finalizaci\u00f3n do espect\u00e1culo p\u00fablico ou da actividade recreativa.<br \/>\n\u2013 A indicaci\u00f3n de que non existen instalaci\u00f3ns port\u00e1tiles ou desmontables.<br \/>\nb) O cartel ou programa co cumprimento dos requisitos do artigo 20 da Lei 10\/2017, do 27 de decembro.<br \/>\nc) O t\u00edtulo habilitante necesario segundo a normativa de aplicaci\u00f3n no suposto de existiren instalaci\u00f3ns port\u00e1tiles ou desmontables.<br \/>\nd) A acreditaci\u00f3n de ter subscrita e en vigor unha p\u00f3liza de seguro de responsabilidade civil nos termos establecidos na Lei 10\/2017, do 27 de decembro.<br \/>\ne) O xustificante do pagamento da taxa administrativa correspondente (c\u00f3digo 30.40.01).<br \/>\nf) A relaci\u00f3n do persoal encargado da vixilancia cando se prevexan concentraci\u00f3ns superiores a 100 persoas, ag\u00e1s no caso de que os concellos polos que discorre a proba acrediten a disposici\u00f3n dos efectivos de Protecci\u00f3n Civil ou de Polic\u00eda Local necesarios para tal fin.<br \/>\ng) A acreditaci\u00f3n da dispo\u00f1ibilidade dos terreos, achegando todos os informes que sexan precisos emitidos polos distintos organismos ou administraci\u00f3ns competentes.<br \/>\nh) A declaraci\u00f3n responsable da acreditaci\u00f3n do cumprimento das medidas en materia de seguridade, especificando as medidas de sinalizaci\u00f3n do espect\u00e1culo p\u00fablico ou da actividade recreativa e os dispositivos de seguridade con que conta nos posibles lugares perigosos.<br \/>\ni) O plan de autoprotecci\u00f3n nos casos en que sexa necesario, de conformidade co disposto no Decreto 171\/2010, do 1 de outubro, sobre plans de autoprotecci\u00f3n na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<br \/>\nj) A acreditaci\u00f3n do cumprimento do disposto na Instruci\u00f3n 2\/2018, do 26 de marzo, da Direcci\u00f3n Xeral de Enerx\u00eda e Minas, sobre instalaci\u00f3ns el\u00e9ctricas temporais de feiras e casetas de baixa tensi\u00f3n, nos casos en que sexa procedente.<br \/>\nk) O informe dos concellos en que se desenvolva o espect\u00e1culo p\u00fablico ou a actividade recreativa, sobre a s\u00faa viabilidade.<br \/>\nl) O informe da xefatura provincial de tr\u00e1fico correspondente nos supostos en que afecte a seguridade viaria ou te\u00f1a lugar o peche total ou parcial dalgunha v\u00eda obxecto da lexislaci\u00f3n sobre tr\u00e1fico, circulaci\u00f3n de veh\u00edculos de motor e seguridade viaria.<br \/>\n2. As persoas organizadoras obrigadas \u00e1 presentaci\u00f3n electr\u00f3nica da solicitude deber\u00e1n presentar a documentaci\u00f3n complementaria tam\u00e9n por v\u00eda electr\u00f3nica. Se algunha das persoas organizadoras presenta a documentaci\u00f3n complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a trav\u00e9s da s\u00faa presentaci\u00f3n electr\u00f3nica. Para estes efectos, considerarase como data de presentaci\u00f3n aquela en que fose realizada a emenda. Aquelas persoas non obrigadas \u00e1 presentaci\u00f3n electr\u00f3nica, opcionalmente, poder\u00e1n presentar a documentaci\u00f3n complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo com\u00fan.<br \/>\n3. No caso de que alg\u00fan dos documentos para presentar de forma electr\u00f3nica superase os tama\u00f1os m\u00e1ximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia, permitirase a presentaci\u00f3n deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no par\u00e1grafo anterior. A informaci\u00f3n actualizada sobre o tama\u00f1o m\u00e1ximo e os formatos admitidos poderase consultar na sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia.<br \/>\n4. Sempre que se realice a presentaci\u00f3n de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o c\u00f3digo e o \u00f3rgano responsable do procedemento, o n\u00famero de rexistro de entrada da solicitude e o n\u00famero de expediente, se se disp\u00f3n del.<br \/>\n5. Se a solicitude non re\u00fane os requisitos exixidos ou falta documentaci\u00f3n preceptiva, requirirase a persoa interesada, conforme o previsto nos n\u00fameros 1 e 4 do artigo 68 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, para que, nun prazo de dez d\u00edas emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicaci\u00f3n de que, se as\u00ed non o fixer, se dar\u00e1 por desistida da s\u00faa petici\u00f3n, logo de resoluci\u00f3n que deber\u00e1 ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.<br \/>\n6. As persoas organizadoras responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan d\u00fabidas derivadas da calidade da copia, a Administraci\u00f3n poder\u00e1 solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa organizadora, para o cal poder\u00e1 requirir a exhibici\u00f3n do documento ou da informaci\u00f3n orixinal.<br \/>\n7. O \u00f3rgano competente resolver\u00e1 outorgando ou denegando a autorizaci\u00f3n solicitada no prazo m\u00e1ximo de trinta d\u00edas desde a data de entrada da solicitude no \u00f3rgano competente para resolver. Unha vez transcorrido ese prazo sen notificarse a resoluci\u00f3n expresa, a persoa organizadora poder\u00e1 entendela rexeitada.<br \/>\nArtigo 9. Documentaci\u00f3n necesaria para a tramitaci\u00f3n das autorizaci\u00f3ns de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas de car\u00e1cter competitivo<br \/>\n1. As persoas organizadoras deber\u00e1n achegar coa solicitude, ademais da sinalada no artigo 8.1, a seguinte documentaci\u00f3n:<br \/>\na) A p\u00f3liza do seguro de accidentes que te\u00f1a como m\u00ednimo as coberturas do seguro obrigatorio deportivo.<br \/>\nb) A declaraci\u00f3n responsable da acreditaci\u00f3n dos servizos sanitarios dispo\u00f1ibles, de conformidade co establecido no artigo 12.<br \/>\n2. As persoas organizadoras obrigadas \u00e1 presentaci\u00f3n electr\u00f3nica da solicitude deber\u00e1n presentar a documentaci\u00f3n complementaria tam\u00e9n por v\u00eda electr\u00f3nica. Se algunha das persoas organizadoras presenta a documentaci\u00f3n complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a trav\u00e9s da s\u00faa presentaci\u00f3n electr\u00f3nica. Para estes efectos, considerarase como data de presentaci\u00f3n aquela en que fose realizada a emenda. Aquelas persoas non obrigadas \u00e1 presentaci\u00f3n electr\u00f3nica, opcionalmente, poder\u00e1n presentar a documentaci\u00f3n complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo com\u00fan.<br \/>\n3. Sempre que se realice a presentaci\u00f3n de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o c\u00f3digo e o \u00f3rgano responsable do procedemento, o n\u00famero de rexistro de entrada da solicitude e o n\u00famero de expediente, se se disp\u00f3n del.<br \/>\n4. No caso de que alg\u00fan dos documentos que se vai presentar de forma electr\u00f3nica supere os tama\u00f1os m\u00e1ximos establecidos ou te\u00f1a un formato non admitido pola sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia, permitirase a presentaci\u00f3n deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no par\u00e1grafo anterior. A informaci\u00f3n actualizada sobre o tama\u00f1o m\u00e1ximo e os formatos admitidos poderase consultar na sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia.<br \/>\n5. Se a solicitude non re\u00fane os requisitos exixidos ou falta documentaci\u00f3n preceptiva, requirirase a persoa interesada, conforme o previsto nos n\u00fameros 1 e 4 do artigo 68 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, para que, nun prazo de dez d\u00edas, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicaci\u00f3n de que, se as\u00ed non o fixer, se dar\u00e1 por desistida da s\u00faa petici\u00f3n, logo de resoluci\u00f3n que deber\u00e1 ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.<br \/>\n6. As persoas organizadoras responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan d\u00fabidas derivadas da calidade da copia, a Administraci\u00f3n poder\u00e1 solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa organizadora, para o cal poder\u00e1 requirir a exhibici\u00f3n do documento ou da informaci\u00f3n orixinal.<br \/>\n7. O \u00f3rgano competente resolver\u00e1 outorgando ou denegando a autorizaci\u00f3n solicitada no prazo m\u00e1ximo de trinta d\u00edas desde a data de entrada da solicitude no \u00f3rgano competente para resolver. Unha vez transcorrido ese prazo sen notificarse a resoluci\u00f3n expresa, a persoa organizadora poder\u00e1 entendela rexeitada.<br \/>\nArtigo 10. Probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos en v\u00edas ou terreos comprendidos na regulaci\u00f3n sobre tr\u00e1fico, circulaci\u00f3n de veh\u00edculos de motor e seguridade viaria<br \/>\nAs probas deportivas, marchas ciclistas e outros eventos en v\u00edas ou terreos comprendidos na regulaci\u00f3n sobre tr\u00e1fico, circulaci\u00f3n de veh\u00edculos de motor e seguridade viaria rexeranse pola normativa espec\u00edfica de aplicaci\u00f3n.<br \/>\nArtigo 11. Comprobaci\u00f3n de datos<br \/>\n1. Para a tramitaci\u00f3n deste procedemento consultaranse automaticamente os datos inclu\u00eddos nos seguintes documentos elaborados polas administraci\u00f3ns p\u00fablicas:<br \/>\na) DNI\/NIE da persoa organizadora.<br \/>\nb) NIF da entidade organizadora.<br \/>\nc) DNI\/NIE da persoa representante.<br \/>\n2. No caso de que as persoas organizadoras se opo\u00f1an a esta consulta, deber\u00e1n indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.<br \/>\n3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtenci\u00f3n dos citados datos, poder\u00e1selles solicitar \u00e1s persoas organizadoras a presentaci\u00f3n dos documentos correspondentes.<br \/>\nArtigo 12. Servizos sanitarios nos espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas de car\u00e1cter competitivo<br \/>\n1. A organizaci\u00f3n dispor\u00e1 a existencia, durante a celebraci\u00f3n do espect\u00e1culo p\u00fablico ou da actividade recreativa, da presenza obrigatoria, como m\u00ednimo, dunha ambulancia e dun m\u00e9dico para a asistencia de todas as persoas participantes, sen prexu\u00edzo da s\u00faa ampliaci\u00f3n con m\u00e1is persoal sanitario, na medida en que se considere necesario.<br \/>\n2. Nos espect\u00e1culos p\u00fablicos ou nas actividades recreativas cuxa participaci\u00f3n supere as 750 persoas, contarase cun m\u00ednimo de 2 m\u00e9dicos e 2 ambulancias, e deber\u00e1 engadirse, como m\u00ednimo, unha ambulancia e un m\u00e9dico por cada fracci\u00f3n suplementaria de 1.000 participantes.<br \/>\nArtigo 13. Instalaci\u00f3ns port\u00e1tiles ou desmontables<br \/>\n1. No suposto de que exista alg\u00fan tipo de instalaci\u00f3n port\u00e1til ou desmontable nos termos establecidos no artigo 3.f) da Lei 10\/2017, do 27 de decembro, a persoa organizadora deber\u00e1 achegar, xunto coa solicitude de autorizaci\u00f3n, o correspondente t\u00edtulo habilitante expedido polo concello correspondente para a devandita instalaci\u00f3n.<br \/>\n2. De non existir ning\u00fan tipo de instalaci\u00f3n port\u00e1til ou desmontable, a persoa organizadora deber\u00e1 facelo constar expresamente na documentaci\u00f3n achegada coa s\u00faa solicitude.<br \/>\nArtigo 14. R\u00e9xime sancionador<br \/>\nNas infracci\u00f3ns cometidas polas persoas organizadoras, participantes e p\u00fablico nos espect\u00e1culos p\u00fablicos ou nas actividades recreativas obxecto deste decreto, ser\u00e1 de aplicaci\u00f3n o disposto na Lei 10\/2017, do 27 de decembro, sen prexu\u00edzo do disposto na Lei 9\/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade econ\u00f3mica de Galicia.<br \/>\nArtigo 15. Notificaci\u00f3n electr\u00f3nica e tr\u00e1mites posteriores<br \/>\n1. De conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, as notificaci\u00f3ns efectuaranse preferentemente por medios electr\u00f3nicos e, en todo caso, cando as persoas organizadoras resulten obrigadas a recibilas por esta v\u00eda. As persoas organizadoras que non estean obrigadas a recibir notificaci\u00f3ns electr\u00f3nicas poder\u00e1n decidir e comunicar en calquera momento que as notificaci\u00f3ns sucesivas se efect\u00faen ou deixen de efectuar por medios electr\u00f3nicos.<br \/>\n2. As notificaci\u00f3ns electr\u00f3nicas realizaranse mediante o Sistema de notificaci\u00f3n electr\u00f3nica de Galicia-Notifica.gal, dispo\u00f1ible a trav\u00e9s da sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia (https:\/\/sede.xunta.gal). Este sistema remitir\u00e1 \u00e1s persoas organizadoras avisos da posta \u00e1 disposici\u00f3n das notificaci\u00f3ns na conta de correo e\/ou tel\u00e9fono m\u00f3bil que consten na solicitude. Estes avisos non ter\u00e1n, en ning\u00fan caso, efectos de notificaci\u00f3n efectuada e a s\u00faa falta non impedir\u00e1 que a notificaci\u00f3n sexa considerada plenamente v\u00e1lida.<br \/>\n3. A persoa organizadora deber\u00e1 manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificaci\u00f3n (electr\u00f3nica ou en papel). No caso de persoas organizadoras obrigadas a recibir notificaci\u00f3ns s\u00f3 por medios electr\u00f3nicos, deber\u00e1n optar, en todo caso, pola notificaci\u00f3n por medios electr\u00f3nicos, sen que sexa v\u00e1lida, nin produza efectos no procedemento, unha opci\u00f3n diferente.<br \/>\n4. De conformidade co disposto no artigo 43 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, as notificaci\u00f3ns por medios electr\u00f3nicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificaci\u00f3n por medios electr\u00f3nicos sexa de car\u00e1cter obrigatorio, ou for expresamente elixida pola persoa organizadora, entenderase rexeitada cando transcorresen dez d\u00edas naturais desde a posta \u00e1 disposici\u00f3n da notificaci\u00f3n sen que se acceda ao seu contido.<br \/>\n5. Se o env\u00edo da notificaci\u00f3n electr\u00f3nica non for posible por problemas t\u00e9cnicos, a Administraci\u00f3n xeral e do sector p\u00fablico auton\u00f3mico efectuar\u00e1 a notificaci\u00f3n polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo com\u00fan.<br \/>\n6. A sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia perm\u00edtelles \u00e1s persoas organizadoras realizar tr\u00e1mites electr\u00f3nicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo \u00e1 Carpeta cidad\u00e1 da persoa organizadora. Cando as persoas organizadoras non resulten obrigadas \u00e1 presentaci\u00f3n electr\u00f3nica das solicitudes, tam\u00e9n poder\u00e1n tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo com\u00fan.<br \/>\nDisposici\u00f3n adicional primeira. Aplicaci\u00f3n supletoria<br \/>\nO disposto nos artigos 8 e 9 deste decreto poder\u00e1 ser aplicado con car\u00e1cter supletorio por aqueles concellos que non te\u00f1an en vigor unha ordenanza espec\u00edfica na materia, respecto daqueles espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas que lles corresponda autorizar por desenvolverse dentro do seu termo municipal.<br \/>\nDisposici\u00f3n adicional segunda. Actualizaci\u00f3n do formulario de autorizaci\u00f3n para espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas<br \/>\nDe conformidade co disposto na disposici\u00f3n adicional sexta da Lei 4\/2019, do 17 de xullo, de administraci\u00f3n dixital de Galicia, o formulario aplicable na tramitaci\u00f3n do procedemento regulado na presente disposici\u00f3n, para a s\u00faa utilizaci\u00f3n en papel ou en formato electr\u00f3nico, poder\u00e1 ser modificado co obxecto de mantelo actualizado e adaptado \u00e1 normativa vixente. Para estes efectos, ser\u00e1 suficiente a publicaci\u00f3n deste formulario actualizado na sede electr\u00f3nica da Xunta de Galicia, onde estar\u00e1 permanentemente accesible para todas as persoas interesadas, sen que sexa necesaria a s\u00faa nova publicaci\u00f3n no Diario Oficial de Galicia.<br \/>\nDisposici\u00f3n derradeira primeira. Habilitaci\u00f3n normativa<br \/>\nFac\u00faltase a persoa titular da conseller\u00eda competente en materia de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas para ditar as normas necesarias en desenvolvemento deste decreto.<br \/>\nDisposici\u00f3n derradeira segunda. Entrada en vigor<br \/>\nEste decreto entrar\u00e1 en vigor ao mes da s\u00faa publicaci\u00f3n no Diario Oficial de Galicia.<br \/>\nSantiago de Compostela, dous de xullo de dous mil vinte<br \/>\nAlberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o<br \/>\nPresidente<br \/>\nAlfonso Rueda Valenzuela<br \/>\nVicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administraci\u00f3ns P\u00fablicas e Xustiza<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>DECRETO 98\/2020, do 2 de xullo, polo que se regula o procedemento de autorizaci\u00f3n da celebraci\u00f3n de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas que se desenvolvan en m\u00e1is dun termo municipal da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[4,2816],"tags":[1266],"class_list":["post-14750","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-novedades-normativas","category-policia-local","tag-espectaculos-publicosgalicia"],"acf":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.6 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Espect\u00e1culos p\u00fablicos GALICIA - Normativa Municipal<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Espect\u00e1culos p\u00fablicos GALICIA - Normativa Municipal\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"DECRETO 98\/2020, do 2 de xullo, polo que se regula o procedemento de autorizaci\u00f3n da celebraci\u00f3n de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas que se desenvolvan en m\u00e1is dun termo municipal da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Normativa Municipal\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2020-12-23T12:55:20+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2020-12-24T11:25:19+00:00\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"admin\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"admin\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"25 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14750#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14750\"},\"author\":{\"name\":\"admin\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4\"},\"headline\":\"Espect\u00e1culos p\u00fablicos GALICIA\",\"datePublished\":\"2020-12-23T12:55:20+00:00\",\"dateModified\":\"2020-12-24T11:25:19+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14750\"},\"wordCount\":5006,\"commentCount\":0,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\"},\"keywords\":[\"Espect\u00e1culos p\u00fablicos|Galicia\"],\"articleSection\":[\"Novedades Normativas\",\"Polic\u00eda local\"],\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"CommentAction\",\"name\":\"Comment\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14750#respond\"]}]},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14750\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14750\",\"name\":\"Espect\u00e1culos p\u00fablicos GALICIA - Normativa Municipal\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#website\"},\"datePublished\":\"2020-12-23T12:55:20+00:00\",\"dateModified\":\"2020-12-24T11:25:19+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14750#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14750\"]}]},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=14750#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Espect\u00e1culos p\u00fablicos GALICIA\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\",\"name\":\"Normativa Municipal\",\"description\":\"Comentarios doctrinales\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\",\"name\":\"Normativa Municipal\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/02\\\/logo-municipal-2-light-2.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/02\\\/logo-municipal-2-light-2.png\",\"width\":1970,\"height\":221,\"caption\":\"Normativa Municipal\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4\",\"name\":\"admin\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"admin\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?author=1\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Espect\u00e1culos p\u00fablicos GALICIA - Normativa Municipal","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"Espect\u00e1culos p\u00fablicos GALICIA - Normativa Municipal","og_description":"DECRETO 98\/2020, do 2 de xullo, polo que se regula o procedemento de autorizaci\u00f3n da celebraci\u00f3n de espect\u00e1culos p\u00fablicos e actividades recreativas que se desenvolvan en m\u00e1is dun termo municipal da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia.","og_url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750","og_site_name":"Normativa Municipal","article_published_time":"2020-12-23T12:55:20+00:00","article_modified_time":"2020-12-24T11:25:19+00:00","author":"admin","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"admin","Tiempo de lectura":"25 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750"},"author":{"name":"admin","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/person\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4"},"headline":"Espect\u00e1culos p\u00fablicos GALICIA","datePublished":"2020-12-23T12:55:20+00:00","dateModified":"2020-12-24T11:25:19+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750"},"wordCount":5006,"commentCount":0,"publisher":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization"},"keywords":["Espect\u00e1culos p\u00fablicos|Galicia"],"articleSection":["Novedades Normativas","Polic\u00eda local"],"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"CommentAction","name":"Comment","target":["https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750#respond"]}]},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750","name":"Espect\u00e1culos p\u00fablicos GALICIA - Normativa Municipal","isPartOf":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#website"},"datePublished":"2020-12-23T12:55:20+00:00","dateModified":"2020-12-24T11:25:19+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750"]}]},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=14750#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/normativamunicipal.com\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Espect\u00e1culos p\u00fablicos GALICIA"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#website","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/","name":"Normativa Municipal","description":"Comentarios doctrinales","publisher":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization","name":"Normativa Municipal","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/logo-municipal-2-light-2.png","contentUrl":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/logo-municipal-2-light-2.png","width":1970,"height":221,"caption":"Normativa Municipal"},"image":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/logo\/image\/"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/person\/2ba8b54e5483d680f2bb3b418ba80ba4","name":"admin","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/3e14bec6642dd7dc0c0b739f1cdad9ad44d26b9c3d68d0f3f7a2a173854103af?s=96&d=mm&r=g","caption":"admin"},"sameAs":["https:\/\/normativamunicipal.com"],"url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?author=1"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14750","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=14750"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14750\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":16432,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/14750\/revisions\/16432"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=14750"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=14750"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=14750"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}