{"id":17444,"date":"2021-07-08T08:27:12","date_gmt":"2021-07-08T08:27:12","guid":{"rendered":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444"},"modified":"2026-09-30T09:23:43","modified_gmt":"2026-09-30T09:23:43","slug":"c0nsumo-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444","title":{"rendered":"C0nsumo GALICIA"},"content":{"rendered":"<p><strong>DECRETO 98\/2021, do 24 de xu\u00f1o, polo que se crea o Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia.<\/strong><\/p>\n<p>Estos Documentos, con los que puedan modificar o les acompa\u00f1an, se han incorporado a los contenidos ya existentes en el siguiente T\u00cdTULO publicado y a su disposici\u00f3n:<br \/>\n<a href=\"https:\/\/dappeditorial.es\/?page_id=395\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img decoding=\"async\" class=\"alignnone wp-image-6252 size-full\" src=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-secretario-blog.png\" alt=\"\" width=\"364\" height=\"56\" srcset=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-secretario-blog.png 364w, https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-secretario-blog-300x46.png 300w\" sizes=\"(max-width: 364px) 100vw, 364px\" \/><\/a><\/p>\n<p><!--more-->O artigo 51.1 da Constituci\u00f3n espa\u00f1ola establece a garant\u00eda, por parte dos poderes p\u00fablicos, da \u00abdefensa dos consumidores e usuarios\u00bb, protexendo mediante procedementos eficaces a seguridade, a sa\u00fade e os lex\u00edtimos intereses econ\u00f3micos destes.<\/p>\n<p>Na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia a competencia exclusiva en materia de \u00abdefensa do consumidor e usuario\u00bb est\u00e1 articulada no artigo 30.1.4 do Estatuto de autonom\u00eda de Galicia, nos termos do disposto nos artigo 38,131 e 149.1.11\u00aa e 13\u00aa da Constituci\u00f3n.<\/p>\n<p>As\u00ed mesmo, nos artigos 80.2, letra g) e 109.1, letra a) da Lei 5\/1997, do 22 de xullo, de Administraci\u00f3n local de Galicia, reco\u00f1\u00e9cese ao municipio o exercicio de competencias en materia de defensa de persoas usuarias e consumidoras, nos termos da lexislaci\u00f3n do Estado e da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, e \u00e1 provincia o deber de asegurar a prestaci\u00f3n integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de competencia municipal.<\/p>\n<p>De conformidade co anterior, ante a exixencia de crear un marco xur\u00eddico adecuado regulador das actuaci\u00f3ns das distintas administraci\u00f3ns p\u00fablicas para a defensa das persoas consumidoras e usuarias no \u00e1mbito territorial da nosa comunidade aut\u00f3noma, a Lei 2\/2012, do 28 de marzo, galega de protecci\u00f3n xeral das persoas consumidoras, dedica, dentro do t\u00edtulo II, o seu cap\u00edtulo IV, denominado \u00abCompetencias das entidades locais e coordinaci\u00f3n e cooperaci\u00f3n coa Administraci\u00f3n auton\u00f3mica competente en materia de consumo\u00bb, \u00e1 necesidade de que as administraci\u00f3ns p\u00fablicas da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, no exercicio das s\u00faas competencias e nos seus respectivos \u00e1mbitos territoriais, promovan e desenvolvan a defensa e protecci\u00f3n das persoas consumidoras e usuarias, actuando nas s\u00faas relaci\u00f3ns, de acordo cos principios de coordinaci\u00f3n e cooperaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Do mesmo xeito, para facer efectivos tales principios de coordinaci\u00f3n e colaboraci\u00f3n entre a Administraci\u00f3n auton\u00f3mica e as das corporaci\u00f3ns locais, a dita norma disp\u00f3n no seu artigo 73.2 a creaci\u00f3n dun \u00f3rgano colexiado de coordinaci\u00f3n, cooperaci\u00f3n e participaci\u00f3n entre a Administraci\u00f3n auton\u00f3mica e as entidades locais.<\/p>\n<p>Por tanto, para dar cumprimento ao establecido na devandita lei, a trav\u00e9s do presente decreto proc\u00e9dese \u00e1 creaci\u00f3n do Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia. A trav\u00e9s deste decreto l\u00e9vase a cabo a regulaci\u00f3n do obxecto, composici\u00f3n, finalidade e funci\u00f3ns do Consello, as\u00ed como os demais aspectos organizativos e funcionais inherentes a este \u00f3rgano colexiado.<\/p>\n<p>O presente decreto ax\u00fastase aos principios de boa regulaci\u00f3n recollidos no artigo\u00a0129.1 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo com\u00fan das administraci\u00f3ns p\u00fablicas, conforme os cales deben actuar todas as administraci\u00f3ns no exercicio da potestade regulamentaria. En particular, a norma responde \u00e1 finalidade antes expresada; \u00e9 eficaz ao ser o instrumento adecuado para a creaci\u00f3n e regulaci\u00f3n do Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia e resulta proporcionada ao cumprimento deste labor, sen afectar dereitos e deberes da cidadan\u00eda. Ademais, contrib\u00fae \u00e1 satisfacci\u00f3n do principio de seguridade xur\u00eddica na organizaci\u00f3n da Administraci\u00f3n auton\u00f3mica facendo posible un co\u00f1ecemento adecuado da s\u00faa estrutura e funcionamento, as\u00ed como un f\u00e1cil acceso \u00e1 norma. Por \u00faltimo, satisfai o principio de eficiencia ao non impo\u00f1er cargas administrativas.<\/p>\n<p>Na s\u00faa virtude, por proposta do vicepresidente segundo e conselleiro de Econom\u00eda, Empresa e Innovaci\u00f3n, de acordo co Consello Consultivo e logo de deliberaci\u00f3n do Consello da Xunta de Galicia, na s\u00faa reuni\u00f3n do d\u00eda vinte e catro de xu\u00f1o de dous mil vinte e un,<\/p>\n<p>DISPO\u00d1O:<\/p>\n<p>Artigo 1.\u00a0<em>Obxecto<\/em><\/p>\n<p>O obxecto do presente decreto \u00e9 a creaci\u00f3n, no \u00e1mbito da Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia, do Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia como \u00f3rgano colexiado de coordinaci\u00f3n, cooperaci\u00f3n e participaci\u00f3n entre a Administraci\u00f3n auton\u00f3mica e as entidades locais ao abeiro do artigo 73 da Lei 2\/2012, do 28 de marzo, galega de protecci\u00f3n xeral das persoas consumidoras e usuarias.<\/p>\n<p>Artigo 2.\u00a0<em>Natureza, adscrici\u00f3n e finalidade<\/em><\/p>\n<ol>\n<li>O Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia ten a condici\u00f3n de \u00f3rgano colexiado de car\u00e1cter consultivo, asesor e participativo en materia de consumo.<\/li>\n<li>O dito consello quedar\u00e1 adscrito \u00e1 conseller\u00eda competente en materia de consumo.<\/li>\n<li>A s\u00faa finalidade ser\u00e1 procurar a m\u00e1xima coordinaci\u00f3n, colaboraci\u00f3n e participaci\u00f3n entre a Administraci\u00f3n auton\u00f3mica e as entidades locais de Galicia naquelas materias que afecten a defensa e protecci\u00f3n dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Artigo 3.\u00a0<em>R\u00e9xime xur\u00eddico<\/em><\/p>\n<p>O funcionamento e actuaci\u00f3n do Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia axustarase ao establecido neste decreto, na Lei 40\/2015, do 1 de outubro, de r\u00e9xime xur\u00eddico do sector p\u00fablico, na Lei 16\/2010, do 17 de decembro, de organizaci\u00f3n e funcionamento da Administraci\u00f3n xeral e do sector p\u00fablico auton\u00f3mico de Galicia, e na Lei 5\/1997, do 22 de xullo, de Administraci\u00f3n local de Galicia.<\/p>\n<p>Artigo 4.\u00a0<em>Sede<\/em><\/p>\n<p>A sede do Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia establ\u00e9cese na do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, sen prexu\u00edzo de que se poidan celebrar reuni\u00f3ns noutros lugares.<\/p>\n<p>Artigo 5.\u00a0<em>Funci\u00f3ns<\/em><\/p>\n<ol>\n<li>O Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia exercer\u00e1, sen prexu\u00edzo das que lle poidan ser encomendadas pola conseller\u00eda competente en materia de consumo ou polo propio Instituto Galego do Consumo e da Competencia, as seguintes funci\u00f3ns:<\/li>\n<li>a) Servir de canle de colaboraci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e informaci\u00f3n entre as autoridades de consumo da Administraci\u00f3n auton\u00f3mica e as entidades locais.<\/li>\n<li>b) Realizar propostas ou estudos de plans, programas ou acci\u00f3ns conxuntos.<\/li>\n<li>c) Fomentar canles de informaci\u00f3n para a obtenci\u00f3n de datos en materia de consumo.<\/li>\n<li>d) Promover o emprego racional de medios materiais e persoais da Administraci\u00f3n auton\u00f3mica galega e das entidades locais galegas.<\/li>\n<li>e) Propo\u00f1er actuaci\u00f3ns de formaci\u00f3n e perfeccionamento do persoal das distintas administraci\u00f3ns p\u00fablicas con tarefas espec\u00edficas no \u00e1mbito do consumo.<\/li>\n<li>f) Propo\u00f1er campa\u00f1as de control de mercado.<\/li>\n<li>g) Impulsar a colaboraci\u00f3n das entidades locais na execuci\u00f3n das campa\u00f1as de control de mercado.<\/li>\n<li>h) Promover a cooperaci\u00f3n das entidades locais no control de produtos inseguros, en especial os produtos inclu\u00eddos na rede de alerta.<\/li>\n<li>i) Propo\u00f1er criterios de actuaci\u00f3n com\u00fan das entidades locais en materia de consumo.<\/li>\n<li>j) Exercer calquera outra funci\u00f3n que se lle asigne legal ou regulamentariamente.<\/li>\n<li>O Consello, no exercicio das s\u00faas funci\u00f3ns, prestar\u00e1 especial atenci\u00f3n \u00e1s previsi\u00f3ns relativas a colectivos de protecci\u00f3n especial, \u00e1s situaci\u00f3ns de especial protecci\u00f3n e \u00e1s previsi\u00f3ns relativas \u00e1 accesibilidade universal.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Artigo 6.\u00a0<em>Composici\u00f3n<\/em><\/p>\n<ol>\n<li>O Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia estar\u00e1 integrado polos seguintes membros:<\/li>\n<li>a) A persoa titular da Direcci\u00f3n do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, que exercer\u00e1 a Presidencia do Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia.<\/li>\n<li>b) Unha persoa en representaci\u00f3n da conseller\u00eda competente en materia de consumo.<\/li>\n<li>c) Unha persoa en representaci\u00f3n da conseller\u00eda competente en materia de Administraci\u00f3n local.<\/li>\n<li>d) Unha persoa en representaci\u00f3n da conseller\u00eda competente en materia de sa\u00fade p\u00fablica.<\/li>\n<li>e) Unha persoa en representaci\u00f3n da conseller\u00eda competente en materia do medio rural.<\/li>\n<li>f) Unha persoa en representaci\u00f3n da conseller\u00eda competente en materia do mar.<\/li>\n<li>g) Unha persoa en representaci\u00f3n da conseller\u00eda competente en materia de ambiente.<\/li>\n<li>h) Catro persoas en representaci\u00f3n dos concellos de Galicia designados pola Federaci\u00f3n Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).<\/li>\n<li>Na composici\u00f3n do Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia procurarase acadar unha presenza equilibrada de mulleres e homes.<\/li>\n<li>Nas reuni\u00f3ns do Consello participar\u00e1n, como asistentes, con voz pero sen voto:<\/li>\n<li>a) A persoa responsable do servizo de protecci\u00f3n ao consumidor do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.<\/li>\n<li>b) A persoa responsable do servizo de vixilancia do mercado e seguridade dos produtos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.<\/li>\n<li>c) A persoa responsable do servizo de informaci\u00f3n, cooperaci\u00f3n e fomento do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.<\/li>\n<li>d) A persoa responsable da Escola Galega de Consumo do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.<\/li>\n<li>Tanto os membros como os asistentes que compo\u00f1en o Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia non percibir\u00e1n ning\u00fan tipo de retribuci\u00f3n ou indemnizaci\u00f3n pola asistencia ou pertenza a el.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Artigo 7.\u00a0<em>Presidencia<\/em><\/p>\n<ol>\n<li>A Presidencia do Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia corresponde\u00a0\u00e1 persoa titular da Direcci\u00f3n do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.<\/li>\n<li>Son funci\u00f3ns da Presidencia:<\/li>\n<li>a) Representar o\u00a0Consello.<\/li>\n<li>b) Nomear os membros\u00a0do Consello,\u00a0por proposta de cada unha das conseller\u00edas ou entidades correspondentes, \u00a0que designar\u00e1n un titular e o seu suplente.<\/li>\n<li>c) Acordar a convocatoria das sesi\u00f3ns e a fixaci\u00f3n da orde do d\u00eda.<\/li>\n<li>d) Presidir as sesi\u00f3ns, dirixindo e moderando os seus debates.<\/li>\n<li>e) Visar as actas e certificaci\u00f3ns dos acordos do Consello, velando posteriormente polo seu cumprimento.<\/li>\n<li>f) Cantas outras funci\u00f3ns lle encomende o Consello ou sexan inherentes \u00e1 Presidencia.<\/li>\n<li>En caso de ausencia, enfermidade e, en xeral, cando concorra algunha causa xustificada, ser\u00e1 substitu\u00edda pola persoa que corresponda na orde establecida no artigo 6.1.<\/li>\n<li>A\u00a0Presidencia do Consello poder\u00e1 nomear persoas asesoras, por raz\u00f3n das materias que se traten, que poder\u00e1n asistir \u00e1s s\u00faas reuni\u00f3ns.<\/li>\n<li>A persoa titular da Presidencia\u00a0 do Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia non percibir\u00e1 retribuci\u00f3n ou indemnizaci\u00f3n pola asistencia ou pertenza a el.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Artigo 8.\u00a0<em>Secretar\u00eda<\/em><\/p>\n<ol>\n<li>A Secretar\u00eda do Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia recaer\u00e1 nunha persoa funcionaria do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, nomeada pola persoa titular da Presidencia.<\/li>\n<li>Son funci\u00f3ns da Secretar\u00eda:<\/li>\n<li>a) Velar pola legalidade formal e material das actuaci\u00f3ns do Consello.<\/li>\n<li>b) Custodia e arquivamento da documentaci\u00f3n dos \u00f3rganos do Consello<\/li>\n<li>c) Preparar as reuni\u00f3ns e asistir a elas con voz pero sen voto.<\/li>\n<li>d) Efectuar a convocatoria das sesi\u00f3ns do Consello por orde da Presidencia.<\/li>\n<li>e) Recibir os actos de comunicaci\u00f3n dos membros do Consello e, por tanto, as notificaci\u00f3ns, petici\u00f3ns de datos, rectificaci\u00f3ns ou calquera outra clase de escritos de que deba ter co\u00f1ecemento.<\/li>\n<li>f) Redactar e autorizar as actas das sesi\u00f3ns.<\/li>\n<li>g) Expedir certificaci\u00f3ns das consultas, ditames e acordos aprobados e custodiar a documentaci\u00f3n xerada con motivo da celebraci\u00f3n das s\u00faas reuni\u00f3ns.<\/li>\n<li>h) Cantas outras funci\u00f3ns sexan inherentes \u00e1 Secretar\u00eda.<\/li>\n<li>En caso de ausencia, enfermidade e, en xeral, cando concorra algunha causa xustificada, a persoa titular da Secretar\u00eda ser\u00e1 substitu\u00edda por quen determine a persoa titular da Presidencia. O nomeamento pola Presidencia da persoa que deba substituir a persoa titular da Secretar\u00eda debe realizarse de acordo co previsto no artigo 18.1 da Lofaxga.<\/li>\n<li>A persoa titular da Secretar\u00eda non percibir\u00e1 retribuci\u00f3n ou indemnizaci\u00f3n pola asistencia ao \u00f3rgano.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Artigo 9.\u00a0<em>Qu\u00f3rum<\/em><\/p>\n<p>O Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia entenderase validamente constitu\u00eddo, en primeira convocatoria, cando estean presentes a persoa titular da Presidencia, a persoa titular da Secretar\u00eda, ou as persoas suplentes de ambos, e a metade m\u00e1is un do resto dos membros a que se refire o artigo 6.1.<\/p>\n<p>En caso de non chegar a este qu\u00f3rum, considerarase validamente constitu\u00eddo en segunda convocatoria, media hora despois da fixada para a primeira, coa presenza da persoa titular da Presidencia, a persoa titular da Secretar\u00eda, ou as persoas suplentes de ambos, e os membros presentes.<\/p>\n<p>Artigo 10.\u00a0<em>Convocatoria e orde do d\u00eda<\/em><\/p>\n<ol>\n<li>Corresponde \u00e1 persoa que exerza a Presidencia do Consello a convocatoria das reuni\u00f3ns por iniciativa propia e polo menos unha vez ao ano, ou cando o solicite, polo menos, a metade dos seus membros. A orde do d\u00eda de cada reuni\u00f3n do Consello ser\u00e1 proposta e fixada pola persoa titular da Presidencia.<\/li>\n<li>A convocatoria, que deber\u00e1 acompa\u00f1arse dos documentos necesarios cunha antelaci\u00f3n m\u00ednima de 48 horas, ter\u00e1 que conter a orde do d\u00eda prevista e fixada pola persoa titular da Presidencia para cada sesi\u00f3n e ser\u00e1n remitidas aos membros do Consello a trav\u00e9s de medios electr\u00f3nicos, salvo que non resulte posible.<\/li>\n<li>Cando o Consello te\u00f1a que reunirse e os asuntos inclu\u00eddos na s\u00faa orde do d\u00eda o permita, a constituci\u00f3n e a adopci\u00f3n de acordos poder\u00e1 efectuarse por medios electr\u00f3nicos, que garantan a intercomunicaci\u00f3n entre eles e a unidade de acto, tales como o correo electr\u00f3nico, e os acordos entenderanse adoptados na sede do Consello.<\/li>\n<li>Os membros do Consello deber\u00e1n recibir, cunha antelaci\u00f3n m\u00ednima de 48 horas, a convocatoria coa orde do d\u00eda. A informaci\u00f3n sobre os temas que figuren na orde do d\u00eda estar\u00e1 ao dispor dos membros en igual prazo.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Artigo 11.\u00a0<em>Adopci\u00f3n de acordos<\/em><\/p>\n<ol>\n<li>A adopci\u00f3n de acordos requirir\u00e1 a votaci\u00f3n previa dos membros do Consello.<\/li>\n<li>As votaci\u00f3ns realizaranse, salvo que expresamente se acorde outro procedemento, mediante manifestaci\u00f3n oral de cada membro do sentido do seu voto.<\/li>\n<li>Os acordos do Consello tomaranse por maior\u00eda dos votos dos seus membros e, en caso de empate, a Presidencia ter\u00e1 voto dirimente.<\/li>\n<li>Non poder\u00e1 ser obxecto de deliberaci\u00f3n ou acordo ning\u00fan asunto que non figure na orde do d\u00eda salvo que todos os membros do Consello asistan \u00e1 reuni\u00f3n e sexa declarada a urxencia do asunto co voto favorable da maior\u00eda.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Artigo 12.\u00a0<em>Actas<\/em><\/p>\n<ol>\n<li>De cada sesi\u00f3n que celebre o Consello levantar\u00e1 acta a persoa titular da Secretar\u00eda, que especificar\u00e1 necesariamente as persoas asistentes, a orde do d\u00eda da reuni\u00f3n, as circunstancias do lugar e tempo en que se celebrou, os puntos principais das deliberaci\u00f3ns e o contido dos acordos adoptados. Os textos dos acordos, informes ou propostas ser\u00e1n incorporados, se for o caso, como anexos \u00e1 acta.<\/li>\n<\/ol>\n<p>As sesi\u00f3ns do Consello poder\u00e1n ser gravadas.<\/p>\n<ol start=\"2\">\n<li>As actas ser\u00e1n redactadas e asinadas pola persoa titular da Secretar\u00eda, co visto e prace da persoa titular da Presidencia, e aprobaranse na mesma ou na seguinte sesi\u00f3n; con todo, a persoa titular da Secretar\u00eda poder\u00e1 emitir certificaci\u00f3ns sobre os acordos espec\u00edficos que se adoptaron, sen prexu\u00edzo da ulterior aprobaci\u00f3n da acta. Previamente \u00e1 s\u00faa aprobaci\u00f3n poderanse remitir a trav\u00e9s de medios electr\u00f3nicos, aos membros do Consello, os cales poder\u00e1n manifestar polos mesmos medios a s\u00faa conformidade ou reparos ao texto, para efectos da s\u00faa posterior aprobaci\u00f3n.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Artigo 13.\u00a0<em>Grupos de traballo<\/em><\/p>\n<ol>\n<li>O Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia poder\u00e1 crear grupos de traballo para levar a cabo as tarefas t\u00e9cnicas que lles asigne o citado consello. A estes grupos de traballo poder\u00e1n ser convidadas persoas expertas na materia que se vaia tratar.<\/li>\n<li>A direcci\u00f3n do grupo de traballo corresponder\u00e1 a unha persoa representante do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, designada pola Presidencia do Consello.<\/li>\n<li>Os grupos de traballo poder\u00e1n funcionar por medios electr\u00f3nicos, telef\u00f3nicos ou audiovisuais, que garantan a intercomunicaci\u00f3n entre eles, tales como a videoconferencia ou o correo electr\u00f3nico.<\/li>\n<li>Na composici\u00f3n dos grupos de traballo procurarase acadar unha presenza equilibrada de mulleres e homes.<\/li>\n<li>Na creaci\u00f3n destes grupos de traballo terase en conta a perspectiva da discapacidade como persoas consumidoras e usuarias, as\u00ed como da accesibilidade universal.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Disposici\u00f3n derradeira primeira.\u00a0<em>Habilitaci\u00f3n para o desenvolvemento normativo<\/em><\/p>\n<p>Fac\u00faltase a persoa titular da conseller\u00eda de adscrici\u00f3n do Instituto Galego do Consumo e da Competencia para ditar, no \u00e1mbito das s\u00faas competencias, as disposici\u00f3ns necesarias para o desenvolvemento deste decreto.<\/p>\n<p>Disposici\u00f3n derradeira segunda.\u00a0<em>Entrada en vigor<\/em><\/p>\n<p>O presente decreto entrar\u00e1 en vigor aos 20 d\u00edas desde o d\u00eda seguinte ao da s\u00faa publicaci\u00f3n no\u00a0<em>Diario Oficial de Galicia<\/em>.<\/p>\n<p>Santiago de Compostela, vinte e catro de xu\u00f1o de dous mil vinte e un<\/p>\n<p>Alberto N\u00fa\u00f1ez Feij\u00f3o<br \/>\nPresidente<\/p>\n<p>Francisco Jos\u00e9 Conde L\u00f3pez<br \/>\nVicepresidente segundo e conselleiro de Econom\u00eda, Empresa e Innovaci\u00f3n<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>DECRETO 98\/2021, do 24 de xu\u00f1o, polo que se crea o Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia. Estos Documentos, con los que puedan modificar o les acompa\u00f1an, se han incorporado a los contenidos ya existentes en el siguiente T\u00cdTULO publicado y a su disposici\u00f3n:<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[4,3045],"tags":[3190],"class_list":["post-17444","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-novedades-normativas","category-organizacion-municipal","tag-c0nsumo-galicia"],"acf":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.6 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>C0nsumo GALICIA - Normativa Municipal<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"C0nsumo GALICIA - Normativa Municipal\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"DECRETO 98\/2021, do 24 de xu\u00f1o, polo que se crea o Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia. Estos Documentos, con los que puedan modificar o les acompa\u00f1an, se han incorporado a los contenidos ya existentes en el siguiente T\u00cdTULO publicado y a su disposici\u00f3n:\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Normativa Municipal\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2021-07-08T08:27:12+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2026-09-30T09:23:43+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-secretario-blog.png\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"364\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"56\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/png\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"DAPP Editorial\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"DAPP Editorial\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"12 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17444#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17444\"},\"author\":{\"name\":\"DAPP Editorial\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/9cfbdc1d1f03a8acfccf2b03e4df3211\"},\"headline\":\"C0nsumo GALICIA\",\"datePublished\":\"2021-07-08T08:27:12+00:00\",\"dateModified\":\"2026-09-30T09:23:43+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17444\"},\"wordCount\":2800,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17444#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/12\\\/logo-secretario-blog.png\",\"keywords\":[\"C0nsumo\\\/GALICIA\"],\"articleSection\":[\"Novedades Normativas\",\"Organizaci\u00f3n municipal\"],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17444\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17444\",\"name\":\"C0nsumo GALICIA - Normativa Municipal\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17444#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17444#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/12\\\/logo-secretario-blog.png\",\"datePublished\":\"2021-07-08T08:27:12+00:00\",\"dateModified\":\"2026-09-30T09:23:43+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17444#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17444\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17444#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/12\\\/logo-secretario-blog.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/12\\\/logo-secretario-blog.png\",\"width\":364,\"height\":56},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17444#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"C0nsumo GALICIA\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\",\"name\":\"Normativa Municipal\",\"description\":\"Comentarios doctrinales\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\",\"name\":\"Normativa Municipal\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/02\\\/logo-municipal-2-light-2.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/02\\\/logo-municipal-2-light-2.png\",\"width\":1970,\"height\":221,\"caption\":\"Normativa Municipal\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/9cfbdc1d1f03a8acfccf2b03e4df3211\",\"name\":\"DAPP Editorial\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dc228c6eb293dd24da0a37410afef02fceeb3d3404900d1b14baa456bc3b9748?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dc228c6eb293dd24da0a37410afef02fceeb3d3404900d1b14baa456bc3b9748?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dc228c6eb293dd24da0a37410afef02fceeb3d3404900d1b14baa456bc3b9748?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"DAPP Editorial\"},\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?author=3\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"C0nsumo GALICIA - Normativa Municipal","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"C0nsumo GALICIA - Normativa Municipal","og_description":"DECRETO 98\/2021, do 24 de xu\u00f1o, polo que se crea o Consello de Cooperaci\u00f3n de Consumo de Galicia. Estos Documentos, con los que puedan modificar o les acompa\u00f1an, se han incorporado a los contenidos ya existentes en el siguiente T\u00cdTULO publicado y a su disposici\u00f3n:","og_url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444","og_site_name":"Normativa Municipal","article_published_time":"2021-07-08T08:27:12+00:00","article_modified_time":"2026-09-30T09:23:43+00:00","og_image":[{"width":364,"height":56,"url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-secretario-blog.png","type":"image\/png"}],"author":"DAPP Editorial","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"DAPP Editorial","Tiempo de lectura":"12 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444"},"author":{"name":"DAPP Editorial","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/person\/9cfbdc1d1f03a8acfccf2b03e4df3211"},"headline":"C0nsumo GALICIA","datePublished":"2021-07-08T08:27:12+00:00","dateModified":"2026-09-30T09:23:43+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444"},"wordCount":2800,"publisher":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-secretario-blog.png","keywords":["C0nsumo\/GALICIA"],"articleSection":["Novedades Normativas","Organizaci\u00f3n municipal"],"inLanguage":"es"},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444","name":"C0nsumo GALICIA - Normativa Municipal","isPartOf":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-secretario-blog.png","datePublished":"2021-07-08T08:27:12+00:00","dateModified":"2026-09-30T09:23:43+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444#primaryimage","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-secretario-blog.png","contentUrl":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-secretario-blog.png","width":364,"height":56},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17444#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/normativamunicipal.com\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"C0nsumo GALICIA"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#website","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/","name":"Normativa Municipal","description":"Comentarios doctrinales","publisher":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization","name":"Normativa Municipal","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/logo-municipal-2-light-2.png","contentUrl":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/logo-municipal-2-light-2.png","width":1970,"height":221,"caption":"Normativa Municipal"},"image":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/logo\/image\/"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/person\/9cfbdc1d1f03a8acfccf2b03e4df3211","name":"DAPP Editorial","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dc228c6eb293dd24da0a37410afef02fceeb3d3404900d1b14baa456bc3b9748?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dc228c6eb293dd24da0a37410afef02fceeb3d3404900d1b14baa456bc3b9748?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dc228c6eb293dd24da0a37410afef02fceeb3d3404900d1b14baa456bc3b9748?s=96&d=mm&r=g","caption":"DAPP Editorial"},"url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?author=3"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17444","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=17444"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17444\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17445,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17444\/revisions\/17445"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=17444"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=17444"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=17444"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}