{"id":17986,"date":"2021-12-23T15:59:20","date_gmt":"2021-12-23T15:59:20","guid":{"rendered":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986"},"modified":"2026-09-30T09:22:34","modified_gmt":"2026-09-30T09:22:34","slug":"diversas-normas-tributarias-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986","title":{"rendered":"Diversas normas tributarias GALICIA"},"content":{"rendered":"<p><strong>ORDE do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias.<\/strong><\/p>\n<p>Estos Documentos, con los que puedan modificar o les acompa\u00f1an, se han incorporado a los contenidos ya existentes en el siguiente T\u00cdTULO publicado y a su disposici\u00f3n:<br \/>\n<a href=\"https:\/\/dappeditorial.es\/guia-legal-del-interventor-municipal\/\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><img decoding=\"async\" class=\"alignnone wp-image-6250 size-full\" src=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-interventor-blog.png\" alt=\"\" width=\"372\" height=\"56\" srcset=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-interventor-blog.png 372w, https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-interventor-blog-300x45.png 300w\" sizes=\"(max-width: 372px) 100vw, 372px\" \/><\/a><\/p>\n<p><!--more-->A Orde do 9 de decembro de 2020 aproba os diferentes modelos de autoliquidaci\u00f3n do imposto sobre transmisi\u00f3ns patrimoniais e actos xur\u00eddicos documentados na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e regula o procedemento e as condici\u00f3ns para o seu pagamento e presentaci\u00f3n, as\u00ed como determinadas obrigaci\u00f3ns formais e de subministraci\u00f3n de informaci\u00f3n tributaria.<\/p>\n<p>Con posterioridade, con base na habilitaci\u00f3n establecida na disposici\u00f3n adicional sexta da citada orde, os seus anexos foron obxecto de modificaci\u00f3n mediante as resoluci\u00f3ns do 25 de xaneiro, do 4 de marzo e do 14 de maio de 2021, para adaptalos ao previsto na Lei\u00a04\/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas, na Lei 11\/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado, na Lei 9\/2021, do 25 de febreiro, de simplificaci\u00f3n administrativa e de apoio \u00e1 reactivaci\u00f3n econ\u00f3mica de Galicia, e na Lei 11\/2021, do 14 de maio, de recuperaci\u00f3n da terra agraria de Galicia.<\/p>\n<p>Por outra banda, a Orde do 21 de xaneiro de 2021 aproba os diferentes modelos de autoliquidaci\u00f3n do imposto sobre sucesi\u00f3ns e doaz\u00f3ns na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e regula o procedemento e as condici\u00f3ns para o seu pagamento e presentaci\u00f3n, as\u00ed como determinadas obrigaci\u00f3ns formais e de subministraci\u00f3n de informaci\u00f3n tributaria.<\/p>\n<p>Os anexos desta orde foron actualizados, con base na habilitaci\u00f3n establecida na s\u00faa disposici\u00f3n adicional sexta, mediante as resoluci\u00f3ns do 14 de maio e do 6 de agosto de 2021, para adaptalos ao previsto na Lei 11\/2021, do 14 de maio, de recuperaci\u00f3n da terra agraria de Galicia, e \u00e1 Lei 11\/2021, do 9 de xullo, de medidas de prevenci\u00f3n e loita contra a fraude fiscal, de transposici\u00f3n da Directiva (UE) n\u00ba 2016\/1164 do Consello, do 12 de xullo de 2016, pola que se establecen normas contra as pr\u00e1cticas de elusi\u00f3n fiscal que inciden directamente no funcionamento do mercado interior, de modificaci\u00f3n de diversas normas tributarias e en materia de regulaci\u00f3n do xogo.<\/p>\n<p>A devandita lei modifica, entre outras materias, tanto no imposto sobre transmisi\u00f3ns patrimoniais e actos xur\u00eddicos documentados como no imposto sobre sucesi\u00f3ns e doaz\u00f3ns, a base impo\u00f1ible do imposto, substitu\u00edndo o valor real por valor, concepto que se equipara ao valor de mercado.<\/p>\n<p>A modificaci\u00f3n da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidaci\u00f3n do imposto sobre transmisi\u00f3ns patrimoniais e actos xur\u00eddicos documentados na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e se regulan o procedemento e as condici\u00f3ns para o seu pagamento e presentaci\u00f3n, as\u00ed como determinadas obrigaci\u00f3ns formais e de subministraci\u00f3n de informaci\u00f3n tributaria, e a modificaci\u00f3n da Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidaci\u00f3n do imposto sobre sucesi\u00f3ns e doaz\u00f3ns na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e se regulan o procedemento e as condici\u00f3ns para o seu pagamento e presentaci\u00f3n, as\u00ed como determinadas obrigaci\u00f3ns formais e de subministraci\u00f3n de informaci\u00f3n tributaria, radica na necesidade de adaptalas ao previsto na Lei 11\/2011, do 9 de xullo, antes citada, as\u00ed como na necesidade de concretar o contido do recibo que a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica xera no caso de pagamento mediante terminal punto de venda (TPV). Esta \u00faltima raz\u00f3n motiva tam\u00e9n a modificaci\u00f3n deste aspecto nas ordes que regulan a aplicaci\u00f3n dos diferentes impostos propios e as taxas fiscais sobre o xogo.<\/p>\n<p>En canto \u00e1 estrutura da orde, esta consta de dez artigos e unha disposici\u00f3n derradeira relativa \u00e1 entrada en vigor da disposici\u00f3n. No articulado modif\u00edcanse as seguintes normas:<\/p>\n<ol>\n<li>a) Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidaci\u00f3n do imposto sobre transmisi\u00f3ns patrimoniais e actos xur\u00eddicos documentados na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e se regulan o procedemento e as condici\u00f3ns para o seu pagamento e presentaci\u00f3n, as\u00ed como determinadas obrigaci\u00f3ns formais e de subministraci\u00f3n de informaci\u00f3n tributaria.<\/li>\n<li>b) Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidaci\u00f3n do imposto sobre sucesi\u00f3ns e doaz\u00f3ns na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e se regulan o procedemento e as condici\u00f3ns para o seu pagamento e presentaci\u00f3n, as\u00ed como determinadas obrigaci\u00f3ns formais e de subministraci\u00f3n de informaci\u00f3n tributaria.<\/li>\n<li>c) Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se regulan a presentaci\u00f3n e o pagamento telem\u00e1tico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos.<\/li>\n<li>d) Orde do 25 de marzo de 2011 pola que se aproban as normas de aplicaci\u00f3n do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada.<\/li>\n<li>e) Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicaci\u00f3n do canon e\u00f3lico.<\/li>\n<li>f) Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se regulan a subministraci\u00f3n electr\u00f3nica dos cart\u00f3ns de bingo autorizados na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e a presentaci\u00f3n e o pagamento electr\u00f3nico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.<\/li>\n<li>g) Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regulan a xesti\u00f3n e a presentaci\u00f3n e o pagamento electr\u00f3nico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a trav\u00e9s de m\u00e1quinas de xogo.<\/li>\n<li>h) Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicaci\u00f3n do imposto sobre a contaminaci\u00f3n atmosf\u00e9rica.<\/li>\n<li>i) Orde do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicaci\u00f3n e a presentaci\u00f3n e o pagamento electr\u00f3nico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competici\u00f3n e se modifican determinadas normas tributarias.<\/li>\n<li>j) Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as normas de aplicaci\u00f3n do imposto compensatorio ambiental mineiro.<\/li>\n<\/ol>\n<p>A presente orde ax\u00fastase as\u00ed aos principios de boa regulaci\u00f3n contidos no artigo 129 da Lei 39\/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo com\u00fan das administraci\u00f3n p\u00fablicas, e no artigo 37.a) da Lei 14\/2013, do 26 de decembro, de racionalizaci\u00f3n do sector p\u00fablico auton\u00f3mico de Galicia, ao responder as medidas previstas nela \u00e1 satisfacci\u00f3n de necesidades de interese xeral coa debida proporcionalidade, eficacia e eficiencia, ao recollerse na norma os obxectivos perseguidos a trav\u00e9s dela e da s\u00faa xustificaci\u00f3n, como exixe o principio de transparencia, e ao introducirse a trav\u00e9s dela, conforme o principio de seguridade xur\u00eddica, as modificaci\u00f3ns precisas nas disposici\u00f3ns vixentes.<\/p>\n<p>As\u00ed, en virtude do exposto, de acordo coa competencia establecida no artigo 34.6 da Lei\u00a01\/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da s\u00faa Presidencia, e do artigo\u00a07 do texto refundido da Lei de r\u00e9xime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1\/1999, do 7 de outubro, e de acordo co Consello Consultivo de Galicia,<\/p>\n<p>ACORDO:<\/p>\n<p>Artigo primeiro.\u00a0<em>Modificaci\u00f3n da Orde do 9 de decembro de 2020 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidaci\u00f3n do imposto sobre transmisi\u00f3ns patrimoniais e actos xur\u00eddicos documentados na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e se regulan o procedemento e as condici\u00f3ns para o seu pagamento e presentaci\u00f3n, as\u00ed como determinadas obrigaci\u00f3ns formais e de subministraci\u00f3n de informaci\u00f3n tributaria<\/em><\/p>\n<p>A Orde do 9 de decembro de 2020, pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidaci\u00f3n do imposto sobre transmisi\u00f3ns patrimoniais e actos xur\u00eddicos documentados na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e se regulan o procedemento e as condici\u00f3ns para o seu pagamento e presentaci\u00f3n, as\u00ed como determinadas obrigaci\u00f3ns formais e de subministraci\u00f3n de informaci\u00f3n tributaria, queda modificada da seguinte maneira:<\/p>\n<p>Un. O artigo 4.2 queda redactado como segue:<\/p>\n<p>\u00ab2. En todas as autoliquidaci\u00f3ns deben cubrirse con car\u00e1cter obrigatorio as casas de valor declarado, nas cales se deber\u00e1 consignar o valor do ben transmitido ou do dereito que se constit\u00faa ou ceda\u00bb.<\/p>\n<p>Dous. O artigo 7.2 queda redactado como segue:<\/p>\n<p>\u00ab2. En todas as autoliquidaci\u00f3ns que se presenten deber\u00e1 cubrirse con car\u00e1cter obrigatorio a casa de valor declarado, na cal deber\u00e1 consignarse o valor do ben transmitido\u00bb.<\/p>\n<p>Tres. O artigo 10 queda redactado do seguinte xeito:<\/p>\n<p>\u00abArtigo 10.\u00a0<em>Documentaci\u00f3n xeral<\/em><\/p>\n<p>Os obrigados tributarios deben presentar, xunto coa correspondente autoliquidaci\u00f3n do modelo 600, o documento en que se conte\u00f1a ou constate o feito impo\u00f1ible suxeito a gravame. No caso de documentos notariais, xudiciais ou administrativos, deberase presentar copia aut\u00e9ntica do documento, ag\u00e1s cando se trate de documentos notariais e o imposto se presente de forma electr\u00f3nica, en que se observar\u00e1 o disposto no artigo 18.2.b) desta orde. Se se trata de documentos privados, presentarase o orixinal destes.<\/p>\n<p>Se o acto ou contrato non est\u00e1 incorporado no documento, presentarase unha declaraci\u00f3n escrita substitutiva, estendida en papel com\u00fan, na cal se far\u00e1n constar os datos identificativos do transmitente e adquirente e unha relaci\u00f3n detallada dos bens e dereitos adquiridos, con expresi\u00f3n do valor que se atrib\u00fae a cada un deles.<\/p>\n<p>No caso de que no documento sinalado no par\u00e1grafo primeiro non se conte\u00f1an todos os datos mencionados no par\u00e1grafo anterior, presentarase acompa\u00f1ado dunha relaci\u00f3n na cal figuren os omitidos\u00bb.<\/p>\n<p>Catro. O artigo 14 queda redactado da seguinte maneira:<\/p>\n<p>\u00abArtigo 14.\u00a0<em>Documentaci\u00f3n xeral<\/em><\/p>\n<p>No caso de que a presentaci\u00f3n da autoliquidaci\u00f3n se realice de forma presencial, os obrigados tributarios deben achegar, xunto coa correspondente autoliquidaci\u00f3n, o documento en que se conte\u00f1a ou constate o feito impo\u00f1ible suxeito a gravame. No caso de documentos notariais, xudiciais ou administrativos, deberase presentar copia aut\u00e9ntica do documento, ag\u00e1s cando se trate de documentos notariais e o imposto se presente de forma electr\u00f3nica, en que se observar\u00e1 o disposto no artigo 18.2.b) desta orde. Se se trata de documentos privados, deberase presentar o orixinal destes.<\/p>\n<p>Se o acto ou contrato non est\u00e1 incorporado no documento, presentarase unha declaraci\u00f3n escrita substitutiva, estendida en papel com\u00fan, na cal se far\u00e1n constar os datos identificativos do transmitente e adquirente, a identificaci\u00f3n e descrici\u00f3n do veh\u00edculo, embarcaci\u00f3n ou aeronave usado transmitido, con expresi\u00f3n do valor que se lle atrib\u00fae.<\/p>\n<p>No caso de que no documento sinalado no par\u00e1grafo primeiro non se conte\u00f1an todos os datos mencionados no par\u00e1grafo anterior, presentarase acompa\u00f1ado dunha relaci\u00f3n na cal figuren os omitidos\u00bb.<\/p>\n<p>Cinco. O artigo 19.3.b) queda redactado como segue:<\/p>\n<p>\u00ab3.b) De forma electr\u00f3nica, as persoas usuarias acceder\u00e1n \u00e1s aplicaci\u00f3ns espec\u00edficas a trav\u00e9s da OVT da Atriga e efectuar\u00e1n o pagamento da correspondente autoliquidaci\u00f3n a trav\u00e9s das entidades de cr\u00e9dito colaboradoras para tal efecto ou mediante tarxeta de cr\u00e9dito ou d\u00e9bito a trav\u00e9s de sistemas de terminal de punto de venda (TPV) virtual da entidade de cr\u00e9dito adxudicataria do contrato en virtude do cal se preste o devandito servizo. A entidade efectuar\u00e1 as comprobaci\u00f3ns oportunas e aceptar\u00e1 ou rexeitar\u00e1 a operaci\u00f3n. No caso de ser aceptada, efectuar\u00e1 o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadaci\u00f3n de tributos e xerar\u00e1 o correspondente NRC para completar a presentaci\u00f3n electr\u00f3nica da autoliquidaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Unha vez realizado o pagamento, a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica xerar\u00e1 o recibo que o contribu\u00ednte deber\u00e1 conservar, en que se identificar\u00e1, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do obrigado ao pagamento, as\u00ed como o NRC. E, no caso de pagamento con cargo en conta, ademais, identificarase o n\u00famero de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento do n\u00famero de autoliquidaci\u00f3n impreso neste\u00bb.<\/p>\n<p>Seis. Os n\u00fameros 1 e 3 do artigo 20 quedan redactados como segue:<\/p>\n<p>\u00ab1. No caso de que as persoas obrigadas tributarias realicen o pagamento do modo establecido no artigo 19.2 desta orde e este se efect\u00fae nunha entidade colaboradora, esta quedar\u00e1 co seu exemplar e devolver\u00e1 ao contribu\u00ednte o resto de exemplares co selo da entidade, a data do ingreso e o importe ingresado. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento do n\u00famero da autoliquidaci\u00f3n impreso nel.<\/p>\n<p>No caso de que estea dispo\u00f1ible o pagamento mediante terminal punto de venda (TPV) f\u00edsico, xerarase o recibo que o contribu\u00ednte deber\u00e1 conservar, en que se identificar\u00e1n o importe e a data do ingreso, as\u00ed como o NRC. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento do n\u00famero de autoliquidaci\u00f3n impreso nel\u00bb.<\/p>\n<p>\u00ab3. No caso de que as persoas obrigadas tributarias realicen o pagamento na forma establecida no artigo 19.3.b) desta orde, unha vez realizado este, a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica xerar\u00e1 o correspondente recibo que o contribu\u00ednte deber\u00e1 conservar, en que se identificar\u00e1n, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do obrigado ao pagamento, as\u00ed como o NRC. E, no caso de pagamento con cargo na conta identificarase, ademais, o n\u00famero de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento do n\u00famero de autoliquidaci\u00f3n impreso nel\u00bb.<\/p>\n<p>Artigo segundo.\u00a0<em>Modificaci\u00f3n da Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidaci\u00f3n do imposto sobre sucesi\u00f3ns e doaz\u00f3ns na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e se regula o procedemento e as condici\u00f3ns para o seu pagamento e presentaci\u00f3n, as\u00ed como determinadas obrigaci\u00f3ns formais e de subministraci\u00f3n de informaci\u00f3n tributaria<\/em><\/p>\n<p>A Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidaci\u00f3n do imposto sobre sucesi\u00f3ns e doaz\u00f3ns na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e se regula o procedemento e as condici\u00f3ns para o seu pagamento e presentaci\u00f3n, as\u00ed como determinadas obrigaci\u00f3ns formais e de subministraci\u00f3n de informaci\u00f3n tributaria, queda modificada da seguinte maneira:<\/p>\n<p>Un. O artigo 4.3 queda redactado como segue:<\/p>\n<p>\u00ab3. Este modelo comprende a relaci\u00f3n de bens e dereitos que integran a masa hereditaria con expresi\u00f3n do valor que se atrib\u00fae a cada un deles, as\u00ed como das cargas, d\u00e9bedas e gastos cuxa deduci\u00f3n se solicite, contratos de seguros sobre a vida acumulables e da solicitude de reduci\u00f3ns non aplicables de oficio. Incl\u00fae un anexo para a relaci\u00f3n de suxeitos pasivos na sucesi\u00f3n ou o seguro\u00bb.<\/p>\n<p>Dous. O artigo 17.3.b) queda redactado da seguinte maneira:<\/p>\n<p>\u00ab3.b) De forma electr\u00f3nica, as persoas usuarias acceder\u00e1n \u00e1s aplicaci\u00f3ns espec\u00edficas a trav\u00e9s da OVT da Atriga e efectuar\u00e1n o pagamento da correspondente autoliquidaci\u00f3n a trav\u00e9s das entidades de cr\u00e9dito colaboradoras para tal efecto ou mediante tarxeta de cr\u00e9dito ou d\u00e9bito a trav\u00e9s de sistemas de terminal de punto de venda (TPV) virtual da entidade de cr\u00e9dito adxudicataria do contrato en virtude do cal se preste o devandito servizo. A entidade efectuar\u00e1 as comprobaci\u00f3ns oportunas e aceptar\u00e1 ou rexeitar\u00e1 a operaci\u00f3n. No caso de ser aceptada, efectuar\u00e1 o aboamento na correspondente conta restrinxida de recadaci\u00f3n de tributos e xerar\u00e1 o correspondente NRC para completar a presentaci\u00f3n electr\u00f3nica da autoliquidaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Unha vez realizado o pagamento, a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica xerar\u00e1 o recibo que o contribu\u00ednte deber\u00e1 conservar, no que se identificar\u00e1, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do obrigado ao pagamento, as\u00ed como o NRC. E, no caso de pagamento con cargo en conta identificarase, ademais, o n\u00famero de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento do n\u00famero de autoliquidaci\u00f3n impreso nel\u00bb.<\/p>\n<p>Tres. Os n\u00fameros 1 e 3 do artigo 18 quedan redactados como segue:<\/p>\n<p>\u00ab1. No caso de que as persoas obrigadas tributarias realicen o pagamento do modo establecido no artigo 17.2, a entidade colaboradora quedar\u00e1 co exemplar para a entidade colaboradora e devolver\u00e1 ao contribu\u00ednte o resto de exemplares co selo da entidade, a data do ingreso e o importe ingresado. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento do n\u00famero da autoliquidaci\u00f3n impreso nel.<\/p>\n<p>No caso de que estea dispo\u00f1ible o pagamento mediante terminal punto de venda (TPV) f\u00edsico, xerarase o recibo que o contribu\u00ednte deber\u00e1 conservar, no cal se identificar\u00e1n o importe e a data de ingreso, as\u00ed como o NRC. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento do n\u00famero de autoliquidaci\u00f3n impreso nel\u00bb.<\/p>\n<p>\u00ab3. No caso de que as persoas obrigadas tributarias realicen o pagamento na forma establecida no artigo 17.3.b), unha vez realizado este, a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica xerar\u00e1 o recibo de cargo na conta que o contribu\u00ednte deber\u00e1 conservar, en que se identificar\u00e1n, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do obrigado ao pagamento, as\u00ed como o NRC. E, no caso de pagamento con cargo en conta identificarase, ademais, o n\u00famero de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento do n\u00famero de autoliquidaci\u00f3n impreso nel.\u00bb.<\/p>\n<p>Artigo terceiro.\u00a0<em>Modificaci\u00f3n da Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se regulan a presentaci\u00f3n e o pagamento telem\u00e1tico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos<\/em><\/p>\n<p>O n\u00famero 2 do artigo 5 da Orde do 27 de febreiro de 2009, pola que se regulan a presentaci\u00f3n e o pagamento telem\u00e1tico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos, queda redactado da seguinte maneira:<\/p>\n<p>\u00ab2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electr\u00f3nico, a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica, unha vez realizado o pagamento, xerar\u00e1 o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deber\u00e1n conservar, no cal se identificar\u00e1n, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, as\u00ed como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo na conta, no recibo identificarase, ademais, o n\u00famero de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento da autoliquidaci\u00f3n asociada ao NRC impreso nel.\u00bb.<\/p>\n<p>Artigo cuarto.\u00a0<em>Modificaci\u00f3n da Orde do 25 de marzo de 2011 pola que se aproban as normas de aplicaci\u00f3n do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada<\/em><\/p>\n<p>O n\u00famero 2 do artigo 10 da Orde do 25 de marzo de 2011, pola que se aproban as normas de aplicaci\u00f3n do imposto sobre o dano ambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada, queda redactado como segue:<\/p>\n<p>\u00ab2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electr\u00f3nico, a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica, unha vez realizado o pagamento, xerar\u00e1 o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deber\u00e1n conservar, no cal se identificar\u00e1n, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, as\u00ed como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo na conta, no recibo identificarase, ademais, o n\u00famero de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento da autoliquidaci\u00f3n asociada ao NRC impreso nel.\u00bb.<\/p>\n<p>Artigo quinto.\u00a0<em>Modificaci\u00f3n da Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se aproban as normas de aplicaci\u00f3n do canon e\u00f3lico<\/em><\/p>\n<p>O n\u00famero 2 do artigo 17 da Orde do 27 de xaneiro de 2014, pola que se se aproban as normas de aplicaci\u00f3n do canon e\u00f3lico, queda redactado como segue:<\/p>\n<p>\u00ab2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electr\u00f3nico, a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica, unha vez realizado o pagamento, xerar\u00e1 o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deber\u00e1n conservar, no cal se identificar\u00e1n, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, as\u00ed como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo na conta, no recibo identificarase, ademais, o n\u00famero de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento da autoliquidaci\u00f3n asociada ao NRC impreso nel.\u00bb.<\/p>\n<p>Artigo sexto.\u00a0<em>Modificaci\u00f3n da Orde do 27 de xaneiro de 2014 pola que se regulan a subministraci\u00f3n electr\u00f3nica dos cart\u00f3ns de bingo autorizados na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e a presentaci\u00f3n e o pagamento electr\u00f3nico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo<\/em><\/p>\n<p>O n\u00famero 2 do artigo 22 da Orde do 27 de xaneiro de 2014, pola que se regulan a subministraci\u00f3n electr\u00f3nica dos cart\u00f3ns de bingo autorizados na Comunidade Aut\u00f3noma de Galicia e a presentaci\u00f3n e o pagamento electr\u00f3nico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo, queda redactado da seguinte maneira:<\/p>\n<p>\u00ab2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electr\u00f3nico, a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica, unha vez realizado o pagamento, xerar\u00e1 o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deber\u00e1n conservar, no cal se identificar\u00e1n, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, as\u00ed como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo en conta, no recibo identificarase, ademais, o n\u00famero de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento da autoliquidaci\u00f3n asociada ao NRC impreso nel.\u00bb.<\/p>\n<p>Artigo s\u00e9timo.\u00a0<em>Modificaci\u00f3n da Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regulan a xesti\u00f3n e a presentaci\u00f3n e o pagamento electr\u00f3nico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a trav\u00e9s de m\u00e1quinas de xogo<\/em><\/p>\n<p>O n\u00famero 2 do artigo 12 da Orde do 17 de marzo de 2014, pola que se regula a xesti\u00f3n e a presentaci\u00f3n e o pagamento electr\u00f3nico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a trav\u00e9s de m\u00e1quinas de xogo, queda redactado como segue:<\/p>\n<p>\u00ab2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electr\u00f3nico, a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica, unha vez realizado o pagamento, xerar\u00e1 o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deber\u00e1n conservar, no cal se identificar\u00e1n, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, as\u00ed como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo na conta, no recibo identificarase, ademais, o n\u00famero de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento do n\u00famero da carta de pagamento impreso neste.\u00bb.<\/p>\n<p>Artigo oitavo.\u00a0<em>Modificaci\u00f3n da Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicaci\u00f3n do imposto sobre a contaminaci\u00f3n atmosf\u00e9rica<\/em><\/p>\n<p>O n\u00famero 2 do artigo 21 da Orde do 29 de xaneiro de 2015 pola que se aproban as normas de aplicaci\u00f3n do imposto sobre a contaminaci\u00f3n atmosf\u00e9rica, queda redactado como segue:<\/p>\n<p>\u00ab2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electr\u00f3nico, a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica, unha vez realizado o pagamento, xerar\u00e1 o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deber\u00e1n conservar, no cal se identificar\u00e1n, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, as\u00ed como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo en conta, no recibo identificarase, ademais, o n\u00famero de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento da autoliquidaci\u00f3n asociada ao NRC impreso nel.\u00bb.<\/p>\n<p>Artigo noveno.\u00a0<em>Modificaci\u00f3n da Orde do 20 de outubro de 2015 pola que se establecen as normas de aplicaci\u00f3n e a presentaci\u00f3n e o pagamento electr\u00f3nico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competici\u00f3n e se modifican determinadas normas tributarias<\/em><\/p>\n<p>O n\u00famero 2 do artigo 12 da Orde do 20 de outubro de 2015, pola que se establecen as normas de aplicaci\u00f3n e a presentaci\u00f3n e o pagamento electr\u00f3nico da taxa fiscal sobre o xogo de apostas deportivas e de competici\u00f3n e se modifican determinadas normas tributarias, queda redactado como segue:<\/p>\n<p>\u00ab2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electr\u00f3nico, a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica, unha vez realizado o pagamento, xerar\u00e1 o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deber\u00e1n conservar, no cal se identificar\u00e1n, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, as\u00ed como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo en conta, no recibo identificarase, ademais, o n\u00famero de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento da autoliquidaci\u00f3n asociada ao NRC impreso nel.\u00bb.<\/p>\n<p>Artigo d\u00e9cimo.\u00a0<em>Modificaci\u00f3n da Orde do 18 de decembro de 2017 pola que se establecen as normas de aplicaci\u00f3n do imposto compensatorio ambiental mineiro<\/em><\/p>\n<p>O n\u00famero 2 do artigo 17 da Orde do 18 de decembro de 2017, pola que se establecen as normas de aplicaci\u00f3n do imposto compensatorio ambiental mineiro, queda redactado da seguinte maneira:<\/p>\n<p>\u00ab2. Se as persoas usuarias optasen polo pagamento electr\u00f3nico, a aplicaci\u00f3n inform\u00e1tica, unha vez realizado o pagamento, xerar\u00e1 o correspondente recibo, que as persoas obrigadas tributarias deber\u00e1n conservar, no cal se identificar\u00e1n, no caso de pagamento con tarxeta, a data do ingreso, o importe, o NIF e o nome do suxeito pasivo, as\u00ed como o NRC. No caso de que o pagamento se realice con cargo na conta, no recibo identificarase, ademais, o n\u00famero de conta que realiza o pagamento. O devandito documento servir\u00e1 de xustificante de pagamento da autoliquidaci\u00f3n asociada ao NRC impreso nel.\u00bb.<\/p>\n<p>Disposici\u00f3n derradeira \u00fanica.\u00a0<em>Entrada en vigor<\/em><\/p>\n<p>A presente orde entrar\u00e1 en vigor o 1 de xaneiro de 2022.<\/p>\n<p>Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2021<\/p>\n<p>Miguel Corgos L\u00f3pez-Prado<br \/>\nConselleiro de Facenda e Administraci\u00f3n P\u00fablica<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>ORDE do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias. Estos Documentos, con los que puedan modificar o les acompa\u00f1an, se han incorporado a los contenidos ya existentes en el siguiente T\u00cdTULO publicado y a su disposici\u00f3n:<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"categories":[3135,4],"tags":[3356],"class_list":["post-17986","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-haciendas-locales","category-novedades-normativas","tag-diversas-normas-tributarias-galicia"],"acf":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.6 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Diversas normas tributarias GALICIA - Normativa Municipal<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Diversas normas tributarias GALICIA - Normativa Municipal\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"ORDE do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias. Estos Documentos, con los que puedan modificar o les acompa\u00f1an, se han incorporado a los contenidos ya existentes en el siguiente T\u00cdTULO publicado y a su disposici\u00f3n:\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Normativa Municipal\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2021-12-23T15:59:20+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2026-09-30T09:22:34+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-interventor-blog.png\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"372\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"56\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/png\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"DAPP Editorial\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"DAPP Editorial\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"22 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17986#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17986\"},\"author\":{\"name\":\"DAPP Editorial\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/9cfbdc1d1f03a8acfccf2b03e4df3211\"},\"headline\":\"Diversas normas tributarias GALICIA\",\"datePublished\":\"2021-12-23T15:59:20+00:00\",\"dateModified\":\"2026-09-30T09:22:34+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17986\"},\"wordCount\":4355,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17986#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/12\\\/logo-interventor-blog.png\",\"keywords\":[\"Diversas normas tributarias\\\/GALICIA\"],\"articleSection\":[\"Haciendas Locales\",\"Novedades Normativas\"],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17986\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17986\",\"name\":\"Diversas normas tributarias GALICIA - Normativa Municipal\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17986#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17986#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/12\\\/logo-interventor-blog.png\",\"datePublished\":\"2021-12-23T15:59:20+00:00\",\"dateModified\":\"2026-09-30T09:22:34+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17986#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17986\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17986#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/12\\\/logo-interventor-blog.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2020\\\/12\\\/logo-interventor-blog.png\",\"width\":372,\"height\":56},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?p=17986#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Diversas normas tributarias GALICIA\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\",\"name\":\"Normativa Municipal\",\"description\":\"Comentarios doctrinales\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#organization\",\"name\":\"Normativa Municipal\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/02\\\/logo-municipal-2-light-2.png\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/02\\\/logo-municipal-2-light-2.png\",\"width\":1970,\"height\":221,\"caption\":\"Normativa Municipal\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/9cfbdc1d1f03a8acfccf2b03e4df3211\",\"name\":\"DAPP Editorial\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dc228c6eb293dd24da0a37410afef02fceeb3d3404900d1b14baa456bc3b9748?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dc228c6eb293dd24da0a37410afef02fceeb3d3404900d1b14baa456bc3b9748?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/dc228c6eb293dd24da0a37410afef02fceeb3d3404900d1b14baa456bc3b9748?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"DAPP Editorial\"},\"url\":\"https:\\\/\\\/normativamunicipal.com\\\/?author=3\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Diversas normas tributarias GALICIA - Normativa Municipal","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"Diversas normas tributarias GALICIA - Normativa Municipal","og_description":"ORDE do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias. Estos Documentos, con los que puedan modificar o les acompa\u00f1an, se han incorporado a los contenidos ya existentes en el siguiente T\u00cdTULO publicado y a su disposici\u00f3n:","og_url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986","og_site_name":"Normativa Municipal","article_published_time":"2021-12-23T15:59:20+00:00","article_modified_time":"2026-09-30T09:22:34+00:00","og_image":[{"width":372,"height":56,"url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-interventor-blog.png","type":"image\/png"}],"author":"DAPP Editorial","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"DAPP Editorial","Tiempo de lectura":"22 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986"},"author":{"name":"DAPP Editorial","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/person\/9cfbdc1d1f03a8acfccf2b03e4df3211"},"headline":"Diversas normas tributarias GALICIA","datePublished":"2021-12-23T15:59:20+00:00","dateModified":"2026-09-30T09:22:34+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986"},"wordCount":4355,"publisher":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-interventor-blog.png","keywords":["Diversas normas tributarias\/GALICIA"],"articleSection":["Haciendas Locales","Novedades Normativas"],"inLanguage":"es"},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986","name":"Diversas normas tributarias GALICIA - Normativa Municipal","isPartOf":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-interventor-blog.png","datePublished":"2021-12-23T15:59:20+00:00","dateModified":"2026-09-30T09:22:34+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986#primaryimage","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-interventor-blog.png","contentUrl":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2020\/12\/logo-interventor-blog.png","width":372,"height":56},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?p=17986#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/normativamunicipal.com\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Diversas normas tributarias GALICIA"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#website","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/","name":"Normativa Municipal","description":"Comentarios doctrinales","publisher":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#organization","name":"Normativa Municipal","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/logo-municipal-2-light-2.png","contentUrl":"https:\/\/normativamunicipal.com\/wp-content\/uploads\/2026\/02\/logo-municipal-2-light-2.png","width":1970,"height":221,"caption":"Normativa Municipal"},"image":{"@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/logo\/image\/"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/normativamunicipal.com\/#\/schema\/person\/9cfbdc1d1f03a8acfccf2b03e4df3211","name":"DAPP Editorial","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dc228c6eb293dd24da0a37410afef02fceeb3d3404900d1b14baa456bc3b9748?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dc228c6eb293dd24da0a37410afef02fceeb3d3404900d1b14baa456bc3b9748?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/dc228c6eb293dd24da0a37410afef02fceeb3d3404900d1b14baa456bc3b9748?s=96&d=mm&r=g","caption":"DAPP Editorial"},"url":"https:\/\/normativamunicipal.com\/?author=3"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17986","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=17986"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17986\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":17987,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/17986\/revisions\/17987"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=17986"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=17986"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/normativamunicipal.com\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=17986"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}